content top
“Xénero, Deporte & Mocidade” 2ª Xornada da Escola Municipal de Igualdade para a Mocidade

“Xénero, Deporte & Mocidade” 2ª Xornada da Escola Municipal de Igualdade para a Mocidade


Por segundo ano o Concello de Pontevedra propón este espazo de formación, debate e encontro onde analizaremos as causas da desigualdade na praćtica deportiva de mozas e mozos, nenas e nenos.

Falaremos das dificultades coas que nos atopamos, os estereotipos de xénero que nos condicinan, boas prácticas que se están a levar a cabo e intercambiaremos experiencias con deportistas, adestradorxs, familias, etc…

Sábado 11 de novembro de 9.30 a 14 h. no Pazo da Cultura de Pontevedra

Inscrición gratuíta ata completar aforo no enlace:
http://apuntate.pontevedra.gal/deporte-igualdade-mocidade/

Información: xornadaxuventudeigualdade@pontevedra.gal