content top
V Certame de Relato Curto

V Certame de Relato Curto

Fomentar a creatividade no alumnado, potenciar a expresión e comprensión escrita, estimular o uso do galego nas familias, facilitar as posibilidades de publicación a novos creadores/as, apoiar os escritores/as noveis e afeccionados/as e crear un espazo común e familiar para a creación literaria. Son os obxectivos que hai detrás da convocatoria do V Certame de Relato Curto que promove a FANPA-Pontevedra e no que colabora o Concello e a Deputación de Pontevedra  xunto a editorial Kalandraka.

O prazo para a entrega de relatos rematará o próximo 28 de febreiro.

Poden presentarse os alumnos e alumnas dos centros educativos públicos da provincia de Pontevedra

Hai catro categorías: Primaria, Secundaria, Bacherelato/Formación Profesional e Adultos.

Díptico e Bases do Certame

Comparte en ...Share on Facebook14Tweet about this on TwitterShare on Google+0Pin on Pinterest0Share on LinkedIn0Email this to someone