content top
Sete Falares 2017- Encontro Internacional de Contadores de Historias

Sete Falares 2017- Encontro Internacional de Contadores de Historias

Os días 8, 9, 10 e 11 de xuño de 2017 celebrase  “Sete Falares” o Encontro Internacional de Contadores de Historias que, como cada primavera, volve para encher de narración oral a cidade.

Agasallarannos coas súas historias contadores e narradoras de Uruguai, Portugal e Galiza. Serán catro intensos días coa oralidade e a forza das palabras como absolutas protagonistas.

Nos Sete Falares teremos dúos de narradores, rutas de historias e sesións de contos en espazos singulares da cidade de Pontevedra. O Centro de Interpretación das Torres Arcebispais (CITA), a Casa das Campás, o Teatro Principal, as Ruínas de San Domingos ou o emblemático adro da Peregrina, serán algúns deles.

Está orientado principalmente a público adulto, aínda que tamén teremos sesións dirixidas a público familiar.

Toda a programación é de balde, a excepción da gala de clausura.

Programa Sete Falares

 

 

Comparte en ...Share on Facebook2Tweet about this on TwitterShare on Google+0Pin on Pinterest0Share on LinkedIn0Email this to someone