content top
Seminario sobre Discapacidade Intelectual e Saúde Mental

Seminario sobre Discapacidade Intelectual e Saúde Mental

Organiza: FADEMGA Plena inclusión Galicia (Federación Galega de Asociacións en favor das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento)

Data:  venres 24 de novembro 2017

Lugar:  Facultade de Psicoloxía (Mód. A, planta -1), r/ Xosé María Suárez Núñez, s/n. Campus Vida. Santiago de Compostela.

O prazo para formalizar a inscrición remata o 17 de novembro

Enlace para descargar a documentación para a túa inscrición : www.fademga.org

Este seminario organízase coa colaboración do Grupo de Traballo sobre Trastornos Mentais e/ou Alteracións de Conduta en persoas con discapacidade intelectual, un equipo multidisciplinar de profesionais de asociacións de toda Galicia, que voluntariamente se reúnen para a exposición e consulta de diferentes dúbidas, dificultades e sobre o tipo de intervencións axeitadas nas persoas con discapacidade intelectual e trastornos mentais e/ou alteracións de conduta asociados. Ademais traballa na busqueda da implicación, de maneira activa, da Administración e profesionais (psiquiatras das Unidades de Saúde Mental do SERGAS e demais profesionais vinculados) para asegurar o dereito a unha atención, un apoio e un tratamento axeitado.

Esta edición, que volve a contar coa Declaración de Interese Sanitario por parte da Consellería de Sanidade, ten como finalidade:

  • Informar e sensibilizar os profesionais de diferentes campos da necesidade de non limitarnos ó tratamento dos problemas de saúde mental das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento, senón anticiparnos os mesmos.
  • Promover un foro de reflexión e debate sobre a calidade de vida das persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento con alteracións da saúde mental.
  • Dar a coñecer ós profesionais de diferentes campos metodoloxías de traballo coas persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento: Apoio Activo (AA), Apoio Condutual Positivo (ACP) e Programación Centrada na Persoa (PCP).
  • Ofrecer os profesionais información e formación, teórica e práctica, sobre o abordaxe do benestar emocional nas persoas con discapacidade intelectual e nas familias.
  • Facilitar ós profesionais estratexias para integrar o sentido do humor no traballo coas persoas con discapacidade intelectual ou do desenvolvemento.
  • Fomentar vías de colaboración entre os Servizos Sociais, Sanidade e o Sector da Discapacidade Intelectual.