content top
Probas de avaliación libres para competencias dixitais en ofimática

Probas de avaliación libres para competencias dixitais en ofimática

A Axencia para a Modernización Tecnolóxica de Galicia convoca probas de avaliación de carácter libre para a obtención da certificación galega de competencias dixitais en ofimática.

A Rede Cemit ten publicados na súa plataforma de teleformación http://cemit.xunta.gal/ema os materiais formativos que forman parte do curso CODIX baixo a modalidade de autoformación como material de apoio para a preparación destas probas:

  • Sistema operativo, busca da información: internet/intranet e correo electrónico.
    • Aplicacións informáticas de tratamento de textos. LibreOffice Writer.
    • Aplicacións informáticas de follas de cálculo. LibreOffice Calc.
    • Aplicacións informáticas de bases de datos relacionais. LibreOffice Base.
    • Aplicacións informáticas para presentacións: gráficas de información. LibreOffice Impress.

Poden participar nestas probas os/as  maiores de 16 anos.

As persoas que desexen participar nas probas presenciais deberán inscribirse na páxina web de Cemit http://cemit.xunta.gal
O prazo de matrícula está aberto ata o 22 de marzo de 2017.

Lugares das probas: https://cemit.xunta.gal/gl/node/6846
Máis información no DOG do 15 de marzo de 2017 e en http://cemit.xunta.g al

Comparte en ...Share on Facebook1Tweet about this on TwitterShare on Google+0Pin on Pinterest0Share on LinkedIn0Email this to someone