content top
Probas acceso a ensinanzas deportivas

Probas acceso a ensinanzas deportivas

Convoca: Consellería de Educación , para o curso 2017/18.

Requisitos para o acceso ás ensinanzas deportivas de grao medio:
a) Dispor do título de graduado en educación secundaria, e superar unha proba específica.
b) O alumnado que non dispoña do título de graduado en educación secundaria, deberá ter 17 anos e superar a proba de madureza.

Requisitos para o acceso ás ensinanzas deportivas de grao superior:
a) Dispor do título de técnico deportivo na modalidade ou especialidade deportiva correspondente, ter o título de bacharel, ou equivalente para os efectos académicos, e cumprir cos requisitos relativos á experiencia deportiva que se puideren establecer na especialidade ou modalidade correspondente.
b) O alumnado que non posúa o título de bacharel deberá ter 19 anos e superar unha proba de madureza.

Inscrición ata o 7 de xullo de 2017 preferentemente na secretaría dos centros públicos onde se imparten ensinanzas deportivas.

As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es cos procedemento ED318A
Máis información no DOG 14 de xuño de 2017 e en http://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/212

Datas:
A proba de madureza terá lugar no IES As Fontiñas, Santiago de Compostela:
a) Grao medio. Proba de madureza: 4 de setembro, das 9.00 ás 13.00 horas
b) Grao superior. Proba de madureza: 4 de setembro, das 9.00 ás 13.00 horas.

A proba de acceso específica para as titulacións de técnicos deportivos realizarase:
a) Na modalidade de Fútbol terá lugar no IES Universidade Laboral en Culleredo, o día 6 de setembro ás 10.00 horas, e no IES Sánchez Cantón en Pontevedra (instalación A Xunqueira), o día 8 de setembro ás 10.30 horas. Os aspirantes só poderán realizar as probas no centro en que formalizaron a inscrición.
b) Na modalidade de Balonmán terá lugar no IES Sánchez Cantón en Pontevedra (instalación A Xunqueira), o día 8 de setembro ás 10.00 horas.
c) Na modalidade de Fútbol Sala terá lugar no CIFP A Farixa en Ourense, o día 11 de setembro ás 10.00 horas.
d) Na modalidade de Baloncesto terá lugar no IES Fermín Bouza Brey en Vilagarcía de Arousa, o día 12 de setembro ás 10.00 horas.
e) Na modalidade de Atletismo terá lugar no IES Nosa Señora dos Ollos Grandes en Lugo, o día 18 de setembro ás 10.00 horas.
f) Na modalidade de Hípica terá lugar no centro autorizado CEMAR en Mondariz-Balneario, o día 19 de setembro ás 10.00 horas.
g) Na modalidade de Salvamento e Socorrismo, o día 20 de setembro nas instalacións da Academia Galega de Seguridade Pública da Estrada ás 10.00 horas.
h) Na modalidade de Vela, o día 21 de setembro ás 10.00 horas, nas instalacións do porto deportivo da Pobra do Caramiñal, podendo variar a data do exame no caso de non darse as condicións meteorolóxica

Comparte en ...Share on Facebook1Tweet about this on TwitterShare on Google+0Pin on Pinterest0Share on LinkedIn0Email this to someone