content top
Os Premios “Ernestina Otero” xa teñen gañadoras/es

Os Premios “Ernestina Otero” xa teñen gañadoras/es

Os premios promovidos polo Concello de Pontevedra a través da concellaría de Igualdade co fin de incorporar a perspectiva de xénero nos traballos de fin de grao e máster  do alumnado das universidades galegas.

Na categoría Traballos de Fin de Grao:
O impacto da Coeducación no desenvolvemento persoal. Autora: Tamara Fernández Amosa
Un traballo que aporta unha boa metodoloxía e unha boa proposta de intervención partindo dun diagnóstico inicial. Existe ademais unha autoavaliación na que se recollen propostas de mellora nun campo tan prioritario de traballo como é o educativo.

A Educación Afectivo-Sexual en persoas con diversidade funcional e intelectual. Autora: Bárbara Penas Rey
Pola súa valentía no tema que trata poñendo o foco nunca realidade que normalmente se agacha. Visibilizando unha realidade que nos se quere ver e dando voz ás e os protagonistas fomentando a súa autonomía.

Escola de Igualdade: Proxecto de formación en igualdade de xénero para o monitorado de “Noites Abertas”. Autor: Ignacio Márquez Collazos
Un traballo práctico que avalía unha experiencia que xa está en marcha propoñendo vías de mellora. Metodoloxicamente utiliza o esquema Investigación-Acción-Participación dando voz as/os participantes.

Na categoría Traballos de Fin de Máster
As bruxas non me dan medo (o que me dá medo son os fillos de puta). O concepto“bruxa” na creación audiovisual contemporánea. Autora: Rebeca López Villar

Partindo dun estereotipo aborda a bruxa como concepto, desmitificándoo e deconstruíndo o imaxinario existente para resignificalo dende unha óptica feminista. O traballo conta con contido audiovisual o que o dota dunha parte practica moi interesante para o traballo posterior. Pon de manifesto a importancia da obra artística para a difusión das mensaxes.

Os traballos presentados tiñan que estar defendidos ao longo do curso 2015-2016 e súa temática tiña necesariamente que estar vencellada ao “fomento da igualdade entre homes e mulleres, facilitando a sensibilización e a participación de toda a cidadanía”.O luns 28 de novembro na Casa da Luz ( praza da Verdura) as persoas premiadas recibirán, ademais da achega económica, un diploma de mención pola presentación do seu traballo

Comparte en ...Share on Facebook1Tweet about this on TwitterShare on Google+0Pin on Pinterest0Share on LinkedIn0Email this to someone