content top
Obradoiros gratuitos para participar en Youtubeir@s

Obradoiros gratuitos para participar en Youtubeir@s

Youtubeir@s é un concurso de vídeos en galego na Rede.

Para facilitar a participación hai cursos prácticos para aprender a crear vídeos e poder presentalos en calquera das dúas categorías do concurso: vídeo-facermos ou vídeo-opinarmos.

Os obradoiros constan de dúas sesións:

– Na primeira sesión formativa, unha hora de duración, abordaranse os consellos básicos para sacarlle o maior partido á cámara dos dispositivos móbiles e consellos para transmitir as mensaxes no vídeo (guión).

– Na segunda sesión formativa, de dúas horas de duración, editarase o material co programa Shotcut e aprenderase a subilo a YouTube.

– Entre ambas as dúas sesións hai unha semana durante a que o alumnado poderá traballar nos seus vídeos; haberá asistencia en liña para calquera dúbida que poda xurdir ata antes da segunda sesión formativa.

Hai prazas libres nos seguintes obradoiros:

  • Obradoiro 2. Mércores 8 e 15 de marzo  na Casa das Campás-UVigo ( 8 de marzo de 19 a 20 h e 15 de marzo de 19 a 21 h.)

  • Obradoiro 3. Luns 13 e 20 de marzo. Centro social do Gorgullón, rúa da Curtidoira ( luns 13 de marzo, de 19 a 20 h. , e luns 20 marzo de 19 a 21 h.

  • Obradoiro 4. Xoves 30 de marzo, de 18 a 19 h. , e xoves 6 de abril, de 18 a 20 h. Casa da Cultura de Lérez, rúa Leandro del Río 12

Requisitos para os cursos:

inscribirse formulario web www.pontevedra.gal/youtubeiras

ter máis de 14 anos

levar un dispositivo que grave vídeo: teléfono móbil, tableta ou cámara e  para a segunda sesión levar un ordenador portátil, co programa gratuíto Shotcut instalado (recomendable pero non necesario nos cursos 2 e 3).

Estes cursos insírense dentro do concurso de vídeos Youtubeir@s:

Ata o 28 de abril está aberto o prazo para presentar vídeos a Youtubeir@s. Concurso de vídeos na rede.

Para concursar hai que inscribirse en http://youtubeiras.gal/inscricions, ser maior de 14 anos e crear vídeos en galego de ata 5 minutos, licenciados en creative commons e visibles en YouTube.

As bases: www.youtubeiras.gal

Hai dúas categorías: Vídeo-facermos, para videotitoriais que amosen como facer cousas (desde unha receita ata a como instalar un programa informático); e Vídeo-opinarmos, para vídeos nos que se achegue unha opinión ou valoración sobre calquera tema (valoración dun filme, opinión sobre un tema de actualidade…).

Premios: cada categoría ten un premio de mil euros e haberá catro mencións honoríficas de cincocentos euros.

Youtubeir@s é unha iniciativa dos servizos de normalización lingüística dos concellos da Baña, A Coruña, Ames, Carballo, Mazaricos, Ourense, Pontevedra, Ribadeo, Santiago de Compostela, Teo e O Grove; e tamén das Universidades da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo.

Máis información: Concello de Pontevedra, Servizo de Normalización Lingüística 986863157 normalizacionlinguistica@pontevedra.eu

http://youtubeiras.gal/formacion

Servizo de Normalización Lingüística. Concello de Pontevedra
Rúa dos Churruchaos, núm. 2, 1º andar Tel. 986 863 157
Comparte en ...Share on Facebook1Tweet about this on TwitterShare on Google+0Pin on Pinterest0Share on LinkedIn0Email this to someone