content top
Notametraxes’17 : ‘The soul of a man’ – Jazz ao vivo e cine

Notametraxes’17 : ‘The soul of a man’ – Jazz ao vivo e cine

Data: mércores 31 de maio

Horario: 20 h.

Lugar: Teatro Principal

Entrada libre.

Segundo pase do ciclo Notrametraxes’17 que auna cine e jazz ao vivo e forma parte do 25 aniversario Festival Internacional de Jazz e Blues de Pontevedra.

Alemaña, USA | 2003 | Color | 103′ | VOSE
Director: Wim Wenders

The Soul of a Man dirixida por Wim Wenders explora a carreira dos músicos Skip James, Blind Willie Johnson e J. B. Lenoir.

Narrado polo actor Laurence Fishburne, o documental conta con actuacións de Nick Cave, Beck, Jon Spencer Blues Explosion, James Blood Ulmer, T-Bone Burnett, Eagle Eye Cherry, Shemekia Copeland, Garland Jeffreys, Alvin Youngblood Hart, Los Lobos, Bonnie Raitt, Lou Reed, Marc Ribot, Lucinda Williams e Cassandra Wilson.
A película obtivo un Premio Emmy, o Premio da Audiencia na Mostra Internacional de Cine de São Paulo. Foi presentada fóra de competición no Festival de Cannes de 2003.

Música ao vivo polo Seminario Permanente de Jazz ao remate da proxección.

Ver todo o programa :Cartel ciclo Notametraxes

Comparte en ...Share on Facebook1Tweet about this on TwitterShare on Google+0Pin on Pinterest0Share on LinkedIn0Email this to someone