Préstamo de ordenadores portátiles na Biblioteca Pública

  • A Biblioteca Pública de Pontevedra “Antonio Odriozola” pon en marcha un servizo de préstamo de ordenadores portátiles dentro do programa “TIC TAC adapta” co que se pretende achegar o uso das tecnoloxías da información e da comunicación a tódalas persoas, de forma pública e gratuíta , especialmente a persoas con discapacide ou que por calquera outro motivo, necesiten dun equipo adaptado para acceder a internet.
  • A partir do 9 de maio, póñense a disposición dos usuarios adultos, 5 ordenadores portátiles, con conexión a rede wifi do centro, para a súa utilización na sala de consulta (3ª planta) da biblioteca.

Mais información :

BIBLIOTECA PÚBLICA DE PONTEVEDRA

R/ Alfonso XIII, 3 36002 Pontevedra Tf. 986850838

www.rbgalicia.org/pontevedra

 

 

 

Subvencións no ámbito educativo do Concello de Pontevedra

  • Entidade: Concello de Pontevedra
  • Publicación: BOP de Pontevedra 01/04/2011
  • Prazo:

    1 mes contado dende o día seguinte ao da publicación das bases no Boletín Oficial da Provincia de Pontevedra

  • Descrición :

    O Concello de Pontevedra convoca subvencións  a Asociacións e  Federacións de Pais e Nais  Movimientos de Renovación Pedagógica, Asociacións e  Sindicatos de Ensinanza e Entidades sen Ánimo de Lucro que desenvolven accións no ámbito da educación durante o curso escolar 2010-2011.

Ver BOP na www.depo.es

 

 

PonteWifi xa está dispoñible!! Rede de acceso público a Internet

PonteWifi, que bota a andar na Alameda e nas prazas de España, Ferrería e da Verdura, nace en período de probas e con vocación de ir ampliando a área de cobertura se, no futuro, se comproba que existe demanda.
Para gozar do servizo municipal basta con facilitar un número de teléfono a través da propio portal de entrada, o que xerará o envío dun SMS coa clave de acceso.
PonteWifi estará operativo as 24 horas do día e ofrecerá un servizo que terá como únicas restricións ás reguladas pola CMT para as redes gratuítas ofrecidas polas administracións públicas. Polo tanto, non será posible navegar a unha velocidade superior aos 256 Kbytes e tampouco será posible compartir arquivos dentro de redes P2P, nin ter acceso a servizos de voz por IP.
Estabelecerase un filtro preventivo para contidos inadecuados para menores ou perigosos. O acceso para os usuarios dados de alta terá unha duración máxima de dúas horas diarias
O servizo dará acceso aos distintos portais web do Concello de Pontevedra con especial á información turística.
 

Defensa ofrecerá a carreira de mediciña gratis e un soldo mentres se estuda

O Ministerio de Defensa recrutará estudantes para formalos como médicos militares a cambio dun compromiso de permanencia nas forzas armadas
Estudar mediciña sen custo algún, sen realizar ningunha outra actividade, cunha mínima instrución e cobrando mentres tanto un salario como militar. É o que Defensa ofrecerá aos estudantes que pasen con boa nota o exame de selectividade. A única limitación será a idade, cun máximo aínda por fixar.
Defensa pretende que a primeira convocatoria de prazas poida realizarse antes dos próximos 12 meses.
Sen gardas pero con permanencia
A formación realizarase mediante convenios con universidades públicas e os aspirantes deberán pasar antes as probas físicas de acceso ás forzas armadas, competindo despois en base á nota do seu exame de selectividade. Os estudantes que ingresen, farano con estatuto de soldado e cando terminen a carreira serán oficiais, con grao de tenente.
Para evitar unha fuga masiva de médicos militares haca o sector civil unha vez terminada a formación, como ocorreu no pasado cos pilotos, Defensa esixirá un compromiso temporal de permanencia nas forzas armadas que roldará os doce anos.
 

Vóos a Londres con Vueling dende Vigo

A partidr do próximo mes de marzo comezará a operar os avións low coast da compañía Vueling en tres frecuencias semanis  (martes, xoves e sábados) con saída do aeroporto de Vigo ás 15.55 h.

Desta forma Vigo recupera a conexión con Londres que perdera a finais de 2009.

Información na www.vueling.com

 

Mapa de mobilidade da cidade de Pontevedra

Xa podes baixar en pdf o Mapa de Mobilidade da cidade de Pontevedra, o novo plano-rueiro-guía do municipio. Un documento que en formato papel que mide un metro por setenta centímetros e que en breve se comezará a distribuir dende o concello. Mentres, a súa versión dixital pode descargarse da web municipal   www.pontevedra.eu/movete

O seu anverso é un gran plano do casco urbano, dende Monte Porreiro e A Xunqueira de Alba , ata o nudo de O Pino. Esta parte do plano inclúe tamén un completo rueiro e  bosquexa algúns dos proxectos previstos: dende as pontes en construción sobre o Lérez ata o razado do Eixo Atlántico, ls urbanizacións de Tafisa, Valdecorvos, A Eiriña, o desdoblamento da avenida de Vigo, etc.

 

 

PROGRAMA ALUGA para o fomento do aluguer de vivendas

As subvencións están dirixidas a persoas inquilinas e ás titulares de vivendas arrendadas no marco do programa Aluga e poderán consistir en :

- Subvencións para obras e actuacións de reforma.

- Subvención de gastos derivados do aluguer.

- Axuda ás persoas inquilinas para financiamento parcial da renda de aluguer.

Máis Información: DOG núm. 103 do mércores 2 de xuño de 2010. Páx. 9.890 DISPOSICIÓNS XERAIS. Consellería de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas

 

Para facernos chegar información que
teñas interese en difundir, envíanola á:
XUVENTUDE rúa Sor Lucía 2-3, 3º - 36002
Pontevedra


ou ao fax: 986 846 145
Máis información
no tel. 986 840 367