Bolsas MAEC-AECID para cidadáns españois curso 2012-2013

Convócase a concesión de bolsas MAEC- AECID para cidadáns españois para o curso académico 2012-2013 (período comprendido entre o día 1 de xullo de 2012 e o día 31 de decembro de 2013). 

A convocatoria presente ten por obxecto financiar, en concepto de subvención, o custo que implica a formación en universidades, centros e organismos de investigación estranxeiros, de titulados superiores españois, tendo por finalidade facilitar a formación no ámbito da cooperación para o desenvolvemento. Tamén se convocan bolsas de formación no campo da xestión e a cooperación cultural, como elemento estratéxico e sectorial da axuda oficial española ao desenvolvemento e como parte da política cultural española co exterior.

Requisitos dos solicitantes.

Solicitantes de bolsa nova:

-Ter a nacionalidade española. Así mesmo, os solicitantes procedentes doutro país da Unión Europea deben posuír perfecto dominio do español e residencia oficial e cotiá demostrable en España, no momento de solicitar a bolsa.

-Solicitude dunha soa bolsa por persoa e convocatoria.

-Non ser beneficiario de ningún programa da convocatoria de bolsas MAEC-AECID, de seis ou máis meses, nin da Fundación Carolina, nos últimos tres anos.

-Estar en posesión de pasaporte nacional con validez mínima de seis meses no momento de incorporarse ao centro estudos de destino.

-Posuír a titulación necesaria que se requira legalmente para cursar os estudos elixidos no momento de solicitar a bolsa.

-Realizar os trámites necesarios para a oportuna convalidación ante as autoridades educativas correspondentes, cando iso sexa requisito para seguir os estudos elixidos.

-Coñecer a lingua estranxeira correspondente para a realización dos estudos proxectados.

-Indicar unha dirección de correo electrónico permanente, persoal e intransferible a efectos de notificacións.

-Cumprir cos requisitos específicos do perfil dos solicitantes indicado para cada un dos programas de bolsa (ver anexo I).

Presentación de solicitudes e prazos.

As solicitudes de bolsa nova ou bolsa de renovación terán que ser cumprimentadas debida e enteiramente en español polos peticionarios no formulario correspondente por vía telemática, conformado en www.aecid.gob.é, de forma completa e verídica, quedando ulterior e automaticamente eliminadas aquelas solicitudes que aleguen datos non contrastables ou falsos, así como as non presentadas vía telemática. Os prazos de presentación de solicitudes de bolsa para os distintos Programas son :

Bolsas de renovación para bolseiros españois: do 14 ao 28 de marzo de 2012

As listaxes dos beneficiarios das bolsas concedidas e, no seu caso, os suplentes,serán expostos no taboleiro de anuncios da Sede Electrónica da AECID e na  súa páxina electrónica www.aecid.gob.es

Máis información: BOE 21 febreiro 2012

 

Regulase a proba para a obtención título bacharel maiores vinte anos

Contido: Esta orde ten por obxecto regular as probas para a obtención do título de bacharel para persoas maiores de vinte anos na Comunidade Autónoma de Galicia.

 Requisitos que deben reunir os participantes.

a) Ser maior de 20 anos ou cumprir esa idade no ano natural en que se vai realizar a proba.

b) Non estar en posesión do título de bacharel ou de calquera outro título declarado equivalente para os efectos académicos.

c) Non estar a cursar ensinanzas de bacharelato en ningunha das súas modalidades ou réximes nin ter estado matriculado nesas ensinanzas no curso escolar en que se realicen as probas.

Convocatorias.

A Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa realizará unha ou máis convocatorias anuais destas probas, cando as circunstancias así o aconsellen. A convocatoria ou as convocatorias, os centros onde se realizarán as probas, os prazos de matrícula e as datas de exame serán determinados anualmente mediante resolución desta dirección xeral. A mesma dirección xeral poderá realizar convocatorias extraordinarias para a obtención do título de bacharel en datas e lugares diferentes, cando existan colectivos específicos cuxas circunstancias o xustifiquen.

Inscrición nas probas.

Os aspirantes presentarán as súas solicitudes de inscrición nos centros, prazos e termos establecidos na resolución anual de convocatoria e irán dirixidas á persoa titular da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa. A identidade dos aspirantes quedará acreditada mediante un destes procedementos:

a) Mediante a consulta por medio telemático ao servizo horizontal de acceso ao sistema de verificación de datos de identidade realizada polo órgano autorizado da Administración. Para iso, o interesado prestará o seu consentimento expreso.

b) No caso de que o/a interesado/a non prestase o dito consentimento, poderáselle exixir que presente a fotocopia do documento de identidade correspondente.

c) Para persoas con nacionalidade diferente á española, fotocopia compulsada do pasaporte ou calquera outro documento legalmente recoñecido que acredite suficientemente a identidade e a idade do aspirante.

Xunto coa solicitude presentarase a documentación requirida.

O aspirante indicará na solicitude o exercicio ou os exercicios en que se inscribe, a lingua estranxeira de que se examinará, podendo elixir entre francés e inglés, e a modalidade e opcións elixidas.

Persoas con necesidades educativas especiais.

As persoas con necesidades educativas especiais asociadas a condicións persoais de discapacidade que teñan a declaración legal de discapacidade poderán solicitar a adaptación dos procedementos e do tempo de realización da proba, así como recursos adicionais para a desenvolver.

Exención de lingua galega.

As persoas aspirantes que cumpran as condicións previstas no artigo 18.1 do Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo na ensinanza non universitaria de Galicia, e na normativa que o desenvolva poderán solicitar, no momento da súa inscrición ás probas, a exención da materia de Lingua galega e literatura (I e II). O director ou a directora do centro onde realice a inscrición das probas, de conformidade co artigo 19.2 do mencionado decreto de pluringüismo, resolverá sobre a concesión ou denegación da exención e comunicará esta circunstancia á presidencia do tribunal correspondente.

Estrutura da proba.

A proba organizarase de xeito diferenciado segundo as distintas modalidades de bacharelato. A proba constará de dous exercicios, o primeiro deles dedicado ás materias comúns e o segundo, ás materias de modalidade. Os contidos dos exercicios terán como referente os aspectos básicos do currículo recollido no Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia. O primeiro exercicio, que versará sobre as materias comúns establecidas no artigo 6 do mencionado decreto, terá como obxectivo valorar a madureza intelectual e a formación xeral do aspirante naquelas competencias que favorecen a aprendizaxe ao longo da vida.

Será común para as diferentes modalidades e estruturarase en catro partes:

a) Primeira parte. Lingua galega e literatura.

b) Segunda parte. Lingua castelá e literatura.

c) Terceira parte. Lingua estranxeira.

d) Cuarta parte. Resposta por escrito a unha serie de cuestións relativas aos contidos das materias de Ciencias para o mundo contemporáneo, Filosofía e cidadanía, Historia da filosofía e Historia de España. O segundo exercicio, diferente para cada unha das modalidades, versará sobre as materias de modalidade establecidas no artigo 7 do Decreto 126/2008, do 19 de xuño, polo que se establece a ordenación e o currículo do bacharelato na Comunidade Autónoma de Galicia.

Superación da proba.

A proba considerarase superada cando se superen os dous exercicios que a compoñen. A nota media de bacharelato daquelas persoas que superen a proba será a media aritmética das puntuacións dos dous exercicios, expresada con dous decimais, redondeada á centésima máis próxima e, en caso de equidistancia, á superior.

Superación parcial da proba.

Os aspirantes que teñan superadas as materias comúns de bacharelato terán validado o primeiro exercicio. Neste caso, a nota do exercicio será a media de todas as materias comúns expresada con números enteiros, redondeada á unidade máis próxima e, en caso de equidistancia, á superior. Os aspirantes que estean en posesión do título profesional de música ou danza terán validado o segundo exercicio. O alumnado que accedese directamente ao segundo de bacharelato por ter superados estudos equivalentes para efectos académicos ao primeiro de bacharelato e tivese superadas as materias comúns de segundo curso terá validado o primeiro exercicio. No caso de non ter superaren a proba, os candidatos manterán, para as sucesivas convocatorias, a cualificación do exercicio aprobado.

Máis información: DOG 21 Febreiro 2012

 

 

Curso "Emprego das novas tecnoloxías na atención á diversidade"

 Convoca: Concello de Soutomaior, Concellaría de Educación e Xuventude 

 Esta iniciativa parte da colaboración entre o Concello de Soutomaior e a asociación TADEGA (Tecnoloxías de Atención á Diversidade na Educación Galega) que é un foro de profesionais maioritariamente galegos de distintos campos profesionais implicados na Educación e, dun xeito especial, na Atención á Diversidade, é dicir: A discapacidade. A multiculturalidade. O mundo do maior. O mundo rural. As altas capacidades.A marxinalidade social..., etc. coa finalidade de achegar as TICS a todas as persoas e rachar as fendas dixitais.

Os obxectivos deste curso son:

1. Analizar as estratexias e recursos que favorezan o desenvolvemento persoal e escolar dos nenos e nenas con necesidades específicas.

2. Coñecer as posibilidades que ofrecen as novas tecnoloxías na atención á diversidade a través da súa manipulación.

Temporalización: 10 horas.

Datas: 3, 10 e 17 de marzo, en horario de 10:00 a 13:30.

INSCRICIÓN e lugar de realización: na OMIX, r/ Peirao, 8 – 36690 – Edificio Multiusos Arcade – Concello de Soutomaior – Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo , www.soutomaior.com/xuventude

O prazo de inscrición remata o mércores 29 de febreiro ás 14 h

Prazas: 16

Custe: empadroados /as: de balde // non empadroados/as: 15 €

Persoas destinatarias:profesores/as, mestres/as, educadores/as, ANPAS, familias e público en xeral interesado no tema.

Contidos do curso:

SESION 1: 3 MARZO

Que é TADEGa ?

Ferramentas: ordenadores táctiles, tablets, comunicadores dixitais...

Exemplos prácticos da súa utilidade: emprego para comunicación diaria en diferentes contextos, como axenda, organizador... (INTIC, Picaa) TADEGa net Banco de recursos TADEGa, ARASAAC en galego e Araword

SESION 2 : 10 MARZO

Configuración de taboleiros de comunicación.

Boardmaker e o In-Print.

Experiencias de usuario de emprego de comunicadores

Atrancos na recompilación de imaxes pictográficas para a comunicación

SESION 3: 17 MARZO

Recursos e ferramentas TIC: recursos para facerse con imaxes, sons, vídeos, fotos, etc., e programas para a creación de actividades (LIM, p.e.)

 

Plan de Formación Continua da Direccion Xeral de Xuventude

Convoca: Dirección Xeral de Xuventude. Xunta de Galicia.

Diversas accións formativas no eido do tempo libre e do voluntariado durante o ano 2012

Toda a información na http://xuventude.pontevedra.eu/images/pdf/fx2012.pdf

 

 

Accións formativas para voluntariado e poboación en xeral. Cruz Vermella Pontevedra

Accións formativas para voluntariado e para poboación en xeral que se levarán a cabo nos meses de Marzo e Abril do 2012 en Cruz Vermella Pontevedra

Podes cosultalas na http://xuventude.pontevedra.eu/images/pdf/marzoabril.pdf

Informa e inscribe: Cruz Vermella Pontevedra , r//Cruz Vermella, nº 26

Tfno: 986 852 115/986 852 077  Ext. 12

 

Cursos monitor/a tempo libre da ETL Fesán

Curso MONITOR de Tempo Libre: horario FIN DE SEMANA

 Datas: do 17/marzo/2012 ó 16/xuño/2012

Horarios: Sábados e 7 domingos: de 9:00 h-14:00 h e de 15:00-20:00 horas

 Curso MONITOR de Tempo Libre: horario SEMANAL

 
Datas: do 12/marzo/2012 ó 10/maio/2012

Horarios: de luns a venres: de 9:30 h a 14:30 h.

   
 Escola de Tempo Libre FESAN Pontevedra. 

Telefono: 986 848 258        

Fax: 986 845 344

Web: www.fesan.org 

Gorgullón, nº 42 baixo

CP: 36003  Pontevedra

Horario de atención ó público: de luns a xoves de 8:30-17:30 os venres de 8:00-15:00 horas

 

Email: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

 

Telefono: 986 848 258        

Fax: 986 845 344

Web: www.fesan.org 

Gorgullón, nº 42 baixo

CP: 36003  Pontevedra

Pontevedra

 

Curso Comercial e Marketing para mozos/as menores de 30 anos

Convoca: Fundación Análisis y Formación  e Método Consultores

Promove: Servicio Público de Empleo

Descrición : curso de 360 h. ( 300 teóricas en modalidade teleformación e 60 h. prácticas en empresas do sector ) destinado a adquirir competencia profesional no sector comercial.

Destinatarios/as: menores de 30 anos, con baixo nivel de estudos e demanda de emprego en vigor.

Información dos contidos do curso e inscricións na http://xuventude.pontevedra.eu/images/pdf/comercial.pdf

tel . 986 113 808 e 900 812 902 (gratuito)

 

Obradoiro de Apoio ao Fomento do Autoemprego Feminino

Convoca: Cámara de Comercio de Pontevedra

Datas: 27 e 28 de febreiro

Destinatarias: mulleres con motivación emprendedora

Contidos: sectores emerxentes, xestación de proxectos innovadores, elaboración de plans empresariais...

Nº de prazas : 20

Coste Gratuito, financiado pola FSE, Cámaras e Ministerio de Sanidade,Servicios Sociais e Igualdade.

Información : Viveiro de Empresas - Cámara de Comercio de Pontevedra. r/ García Camba 8, 1º Pontevedra

tel. 986 109 589

correo: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

 

 

 

Curso de formación de especialistas en recollida de toponimia

Curso de formación de especialistas en recollida de toponimia organizado  entre o Instituto de Estudos Miñoranos e os concellos de Ourense, Vigo e Pontevedra.

Destinatarios/as: licenciados/as e estudantes en filoloxía, humanidades, xeografía e historía. mestres e público en xeral.

 O curso desenvolverase ao longo dos días: 2 e 3, 9 e 10, 16 e 17 e 23 e 24 de marzo. 

 O prazo de inscrición estará aberto desde o vindeiro luns 13 ata o mércores 22 de febreiro.

 Custo: 15 € desempregados/as e 30 € traballadores en activo.

As solicitudes de inscrición enviaranse ao Instituto de Estudos Miñoranos na  Avd. da Feira 10. 36300 Gondomar ou Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo

Tel. 986 360 575 e 616 903 082

 

 



 


 

TALLER DE COMUNICACIÓN REDES SOCIAIS E MARKETING ON-LINE (10 horas)

Convoca: Concelleria de Promoción Económicado Concello de Pontevedra.

Descrición: obradoiro eminentemente practico de utilización das ferramentas de comunicación en internet (facebook, twitter, youtube, googles, …) para posicionar e vender os productos e servizos das empresas e comercios.

 Esta dirixido a traballadores de PEME, comercio ou emprendedor/a (cun proxecto empresarial claro e conciso) que precisen crear, ampliar ou menter o seu negocio

 Se desenvolvera os días 15, 16 e 17 de febreiro de 2012

 As inscricións deben remitirse via correo electrónico a Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo ou por fax ó 986 84 80 29

 Contidos:

 1.- Como cambiou o mundo e qué precisa saber para sacar partido das Redes Sociais e Marketing On-Line 

 2.- Redes sociais: Facebook, Twitter : paxinas, perfis, comercio electrónico

 3.- Marketing online e paxinas web

 4.- Comunicación a medios

 5- Plan de comunicación

Ver cartel na http://xuventude.pontevedra.eu/images/pdf/redes.pdf

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Cursos gratis de lingua árabe con inmersión cultural. Dar Loughat, Tetuán (Marrocos)

Os cursos serian de dous niveis: "Inicial", para alumnos sen coñecemento ningún da lingua árabe; e "Medio", para alumnos con nivel de 1º ou 2º de Filoloxía Árabe, 1º ou 2º de Escola Oficial de Idiomas ou similares, curso práctico especialmente dirixido á conversación en árabe culto moderno.
Máximo de 15 alumnos por curso.

Solicitudes dirixidas a: Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo
Prazo de solicitude: ata 15 días antes do inicio do curso ou ata completar as prazas.

Datas dos cursos:
do 03 ao 09 de xullo: 15 prazas. Solicitudes a partir do 24 de abril     
DO 10 ao 16 de xullo: 15 prazas. Solicitudes a partir do 24 de abril

Clases de luns a venres, de 9 a 13 horas, en DAR LOUGHAT.

O grupo concentrarase o domingo, no porto de Tarifa (Cádiz), ás 4 da tarde, para saír no Transbordador das 5 da tarde con destino ao porto de Tánxer. A volta, o sábado pola mañá dende o porto de Tánxer con destino Tarifa. Recollida de billetes ida e volta a nome de cada un, mais ficha de entrada (branca) e saída (amarela) no mostrador de FRS, situado na entrada das oficinas do porto.

Importe do billete do transbordador ida e volta 70 €.

A chegada será sobre as 6 da tarde ao porto de Tánxer (as cinco en Marrocos), onde estará Zayd Benaboud (Director do centro DAR LOUGHAT) ou un representante, para recollervos e trasladarvos ao Hotel de Tetuán e responder a cantas dúbidas teñades.

Máis información en www.institutoandalusi.es e www.embajada-marruecos.es/default2.htm (Departamentos embaixada: Cultura)
 

 

 

Páxina 1 de 9

«InicioAnterior123456789SeguinteFinal»

Para facernos chegar información que
teñas interese en difundir, envíanola á:
XUVENTUDE rúa Sor Lucía 2-3, 3º - 36002
Pontevedra


ou ao fax: 986 846 145
Máis información
no tel. 986 840 367