Concurso "Atopa o Erro"
Dentro do programa do Concello" Maio, Mes da Lingua" , a asociación de comerciantes de Pontevedra, Centro Comercial Urbano Zona Monumental, pon en marcha, por primeira vez o concurso “Atopa o erro”.
Dito concurso consiste en atopar a palabra trabucada ou mal escrita, o erro, entre as que se amosan nos establecementos asociados.
Haberá que anotalo no espazo do díptico e indicar tamén a súa forma correcta
Os boletos cubertos, con un mínimo de 20 palabras correctas, deberán ser depositados no establecemento Ernesto Filgueira (praza de Méndez Núñez 17) ou na Droguería Moderna (praza de Curros Enríquez nº 8) até o mércores 18 de maio.
Dúas categorías:
Mozos, até 18 anos
Maiores, máis de 18 anos
Os premios que se sortearan entre os acertantes de cada categoría son para os
mozos: dúas Nintendo DS, e para os maiores unha estancia dunha noite con
almorzo para dúas persoas no Parador Nacional de Turismo de Pontevedra.
Dito sorteo terá lugar o xoves 19 de maio, ás 11 h, no Concello.
