Proxecto "Unha landra,un carballo, unha carballeira,un tesouro"
“Unha landra, un carballo, una carballeira un tesouro”, da Asociación Juan XXIII e Vaipolorío.
Participantes: membros da Asociación Juan XXIII , membros de Vaipolorío e calquera Voluntario/a que o desexe.
Descrición do Proxecto: recollida de centos de landras do xénero quercus (carballos) por parte de membros destas dúas asociacións durante os meses de setembro e outubro.
Primeira recollida de landras: Martes 27 de setembro ás 10.00 h na carballeira ubicada detrás do colexio Avelino Montero, ao carón da rúa Alcalde Hevia, onde o río chámase río Menexo.
Unha vez recollidas e comprobada a súa capacidade xerminatoria, (que non posúan buratos, introducíndoas 10 minutos en auga, rexeitando as que aboien, etc) serán levadas ata as instalacións da Asociación Juan XXIII, onde dispoñen dun terreo adicado a xardinería e reproducción de especies vexetais.
Pasados un ou dous anos, estes novos exemplares de carballos serán plantados, unha pequena parte, nas beiras do río do Cocho-Toxal-Tomeza-Gafos, así como nos seus afluentes, e o resto dos exemplares ofreceráselles ás distintas Comunidades de Montes e Asociacións Culturais e Veciñais lindeiras.
Máis información: tel. Vaipolorio 676 842 942
teñas interese en difundir, envíanola á:
XUVENTUDE rúa Sor Lucía 2-3, 3º - 36002
Pontevedra

ou ao fax: 986 846 145
Máis información
no tel. 986 840 367
