Roteiros de inverno: programa de saídas de fin de semana

Aberto o prazo de inscrición en "Roteiros", programa da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado que consiste en saídas de fin de semana co obxectivo de fomentar a ocupación positiva do tempo libre, permitindo un contacto coa natureza e simultaneamente combinar lecer, deporte e coñecemento do noso entorno natural e ambiental.

A oferta de actividades é variada: dende escalada en rocódromo, ruta en bbt, xeocaching, raid cultural, paintball, ata rapell, tiro con arco, kaiak,e navegación en cruceiro.

Ofértase un total de 500 prazas, 300 no Albergue Xuvenil de Pontemaril no Concello de Forcarei (Pontevedra) e 200 no Albergue Xuvenil de Gandarío en Bergondo (A Coruña), entre os meses de setembro a decembro do 2011.

 Se estas interesado/a e resides no Concello de Pontevedra ponte en contacto con nós a traves do correo Este enderezo de correo-e está a ser protexido de programas autómatas de envío de correo non sedexado, precisas activar o JavaScript para velo   ou tel. 986 84 03 67 (polas mañás). Podemos facilitarche a reserva de praza.

Ver descrición dos roteiros na www.xuventude.net

.


Para facernos chegar información que
teñas interese en difundir, envíanola á:
XUVENTUDE rúa Sor Lucía 2-3, 3º - 36002
Pontevedra


ou ao fax: 986 846 145
Máis información
no tel. 986 840 367