content top
Galeuropa: Prácticas formativas en Italia, Chipre e Portugal

Galeuropa: Prácticas formativas en Italia, Chipre e Portugal

O Programa Galeuropa é un programa de mobilidade transnacional xuvenil, cofinanciado polo Fondo Social Europeo e Iniciativa de Emprego Xuvenil, coa finalidade da realización de prácticas formativas non retribuídas en empresas/entidades públicas ou privadas de países europeos e máis concretamente en: Portugal (Lisboa), Chipre (Limassol) e Italia (Brescia).

QUE CUSTOS CUBRE A AXUDA?
– Viaxe (gastos viaxe de ida e volta da persoa participante se gundo o país de destino).
– Aloxamento e manutención (custos/mes/día para cada participante segundo o país de destino).
– Apoio lingüístico.

DURACIÓN DAS PRÁCTICAS FORMATIVAS
3 meses a partir do 1 de setembro (Setembro, Outubro e Novembro).
120h mensuais.

QUEN PODE REALIZAR A MOBILIDADE TRANSNACIONAL?
A mocidade galega non ocupada e non integrada nos sistemas de educación ou formación, inscrita no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (SNGX) no ámbito da Comunicade Autónoma de Galicia. A inscrición no SNGX pode realizarse se cumpres os  seguintes requisitos:
– Ter entre 18 e 29 anos (incluídos).
– Non ter participado con anterioridade en ningún programa Galeuropa.
– Non ter traballado no día natural anterior ao momento de recibir a actuación.
– Non ter recibido accións educativas no día natural anterior ao momento de recibir a actuación.
– Non ter recibido accións formativas no día natural anterior ao momento de recibir a actuación.

INFORMACIÓN
Nos correos electrónicos galeuropa@amigosdaterra.net ou info@amigosdaterra.net ou no teléfono: 988 374 318

Comparte en ...Share on Facebook2Tweet about this on TwitterShare on Google+0Pin on Pinterest0Share on LinkedIn0Email this to someone