content top
Estadía na Costa da Morte

Estadía na Costa da Morte

 

  • Estadía de fin semana que combina visita a monumentos patrimoniais e arqueolóxicos (Torres do Allo, Batáns do Mosquetín, Castro de Borneiro, dólmens… ) con sendeirismo por ricos espazos naturais costeiros con dunas, lagoas, marismas, cantís e rochedo con todas as formas imaxinables. Tamén teremos tempo para unha ruta de piragüismo. Fisterra, Dumbría, Corcubión, Camariñas, Vimianzo, Zas e Laxe.   Aloxamento no albergue Finistellae (Fisterra).

  • Saída de Pontevedra en autobús o venres ás 17 h e regreso o domingo sobre as 21h.

  • Requisitos prioritarios:  mozxs de 18 a 35 anos empadroados/as  no concello de Pontevedra ( podes anotarte en  lista de agarda se non cumpres requisitos)

DATAS: 14-16 xullo

PRAZAS: 22

COTA DE PARTICIPACIÓN:  40 € . Desconto 20% carné xove e  50 % familia numerosa. Inclúe desprazamento en bus, aloxamento en pensión completa e material das actividades.

INFORMACIÓN E INSCRICIÓN:

Oficina Municipal de Xuventude do Concello de  Pontevedra.

Casa Azul r/ Sor Lucía nº 2. Pontevedra

tel. 986 840 367 xuventude@pontevedra.eu

Comparte en ...Share on Facebook3Tweet about this on TwitterShare on Google+0Pin on Pinterest0Share on LinkedIn0Email this to someone