content top
Estadía na Costa da Morte do 18 ao 20 de agosto

Estadía na Costa da Morte do 18 ao 20 de agosto

Estadía de fin de semana  na Costa da Morte ( Fisterra, Dumbría, Corcubión, Camariñas, Vimianzo, Zas e Laxe)

A estadía combina visita a monumentos patrimonias e arqueolóxicos ( Torres do Allo, Batáns do Mosquetín, Castro de Borneiro, dolmens..) con actividades de senderismo por espazos naturais costeiros e ruta iniciación piragüismo. Saída de Pontevedra en bus o venres 18 agosto ás 17 h.

Aloxamento e pensión completa no albergue Finistellae ( Fisterra)

Datas: do 18 ao 20 de agosto

Idades : de 18 a 35 anos

Prezo:  40 € ( desconto 20 % carné xove ou 50 % familia numerosa). O prezo inclúe aloxamento en pensión completa, desprazamentos e material das actividades.

Información e inscrición :

Oficina de Xuventude de Pontevedra ( luns a venres de 9 a 14 h.)

“Casa Azul”, r/ Sor Lucía 2-3º andar

tel. 986 84 03 67

xuventude@pontevedra.eu

 

 

 

Comparte en ...Share on Facebook3Tweet about this on TwitterShare on Google+0Pin on Pinterest0Share on LinkedIn0Email this to someone