content top
Cursos “Pisando Forte”: Administración Electrónica e Educación Ambiental e Compostaxe

Cursos “Pisando Forte”: Administración Electrónica e Educación Ambiental e Compostaxe

Podes facer a solicitude “on line” destes cursos ata o 7 de outubro inclusive.

Estes cursos forman parte do programa de formación para a mocidade “Pisando Forte 2017”.

  1. ADMINISTRACIÓN ELECTRÓNICA : DNIe, factura electrónica, trámites, xestión de documentos…

Neste curso adquirirás os coñecementos básicos de Administración electrónica. Aprenderás como acceder aos servizos que necesitas a través de Internet e poderás tramitar servizos electrónicos asociados con procedementos administrativos (DNIe, factura electrónica, certificados dixitais, oficina virtual…)

Datas: 23, 24, 25 e 26 de outubro de 2017

Horario: 10 a 13 h.

Lugar: Casa Azul

Prazas: 15

Formulario pre-inscrición “on line”  http://apuntate.pontevedra.gal/administracion-electronica/

2. Curso de EDUCACIÓN AMBIENTAL E COMPOSTAXE

Compostar os restos orgánicos é imprescindible para reciclar ao máximo. Este curso teórico-práctico complementarase cunha visita a unha planta de compostaxe. Impárteo a Asociación pola Defensa Ecolóxica de Galicia ADEGA e colabora a Deputación Provincial de Pontevedra.

Datas: 25, 26 e 27 outubro de 2017

Horario: 10 a 14 h.

Lugar: Pazo da Cultura e instalacións do Centro Príncipe Felipe da Deputación de Pontevedra e visita a planta de compostaxe Ecocelta.

Prazas: 15

Formulario pre-inscrición “on line” http://apuntate.pontevedra.gal/educacion-ambiental/