content top
Concurso do Local de Música,  FEST 2017

Concurso do Local de Música, FEST 2017

O Local de Música do Concello de Pontevedra organiza o concurso FEST para promover a escena musical emerxente.
Busca poñer en valor a creación musical de base organizando un evento nun espazo emblemático da cidade como é o Teatro Principal.
EN QUE CONSISTE O CONCURSO
O concurso consiste nun concerto que se celebrará o sábado 11 de marzo de 2017 no Teatro Principal de Pontevedra.
Oito grupos seleccionados previamente por un xurado cualificado e representativo, farán unha actuación breve para mostrar o seu espectáculo.
Un xurado concederá un dos premios que consiste na gravación dun videoclip cunhaprodutora audiovisual.
O público asistente votará e concederá outro premio, que consistirá nunha actuación remunerada na cidade.
O festival pecharase cunha actuación dun grupo convidado.
PARTICIPACIÓN.
Poderán participar todas aquelas bandas ou solistas con compoñentes con idades entre os 16 e 35 anos que non teñan, no momento da inscrición, ningunha publicación cun selo discográfico.
INSCRICIÓN
Do 1 de febreiro ao 28 de febreiro de 2017 ás 22 h.

BASES

Formulario de inscrición

 

Comparte en ...Share on Facebook4Tweet about this on TwitterShare on Google+0Pin on Pinterest0Share on LinkedIn0Email this to someone