content top
Concurso de fotografía “Xurxo Lobato”

Concurso de fotografía “Xurxo Lobato”

Concurso dirixido ao alumnado de Educación Secundaria, Bacharelato e Formación Profesional de Galicia cun límite de idade de 21 anos

Convoca: Asociación de antigos alumnos do IES Monelos da Coruña

 Características técnicas:
• O tema é libre.
• As fotografías poden presentarse en branco/negro ou cor.
• Máximo de 3 fotografías por participante
• As fotografías serán en formato dixital e só se poderán enviar por correo electrónico.
Data de entrega: antes do 10 de marzo de 2017.
• Non poderán levar marcas de auga.

As fotografías deben enviarse por correo electrónico a:

fotomonelos@gmail.com cos datos: nome e apelidos, DNI, idade, teléfono, enderezo, centro de estudo, curso.

– MANDAR OS DATOS POLO SEGUINTE FORMULARIO https://goo.gl/forms/xFjNZxAuV9qpPBKp2

5. PREMIOS
1º premio: diploma e 250 €
2º premio: diploma e 150 €
3º premio: diploma e 100 €
• O xurado considerará a posibilidade de conceder accesits con premios.
• Premio especial para a realización dun proxecto fotográfico baixo a dirección de Xurxo Lobato.
6. EXPOSICIÓN
A organización do concurso poderá utilizar as fotografías seleccionadas e as premiadas para a súa difusión (exposicións, edicións, etc.).

Comparte en ...Share on Facebook3Tweet about this on TwitterShare on Google+0Pin on Pinterest0Share on LinkedIn0Email this to someone