content top
Charla “Iniciativa Xove ” cómo conseguir as  axudas para desenvolver proxectos

Charla “Iniciativa Xove ” cómo conseguir as axudas para desenvolver proxectos

 

Que é “Iniciativa Xove”?

Iniciativa Xove” é unha liña de axudas que cada ano convoca a Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia para que a mocidade galega desenvolva proxectos e iniciativas de interese durante o ano 2017

Quen pode solicitar as axudas?

1. Un grupo informal de mozos, é dicir, que non forman parte dunha asociación. Terá que estar formado por un mínimo de 5 e un máximo de 8 mozas ou mozos con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos no momento de presentar a solicitude e empadroados nalgún dos municipios galegos.

2.As asociacións xuvenís e as entidades que lle presten servizos á mocidade que carezan de interese de lucro, e as súas respectivas federacións, sempre que, no caso destas últimas, o proxecto que presenten non sexa o mesmo que o de cada unha das asociacións/entidades que as conforman. Será necesario que estean inscritas no censo oficial da Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia.

As actividades serán planificadas e desenvolvidas por vós mesmos/as, fomentando sempre a participación, a axeitada utilización do lecer, a calidade de vida e o benestar, a través de proxectos integrais e específicos de actuación que propoñades.

A axuda por proxecto  pode acadar os 5.000 €.

Os proxectos presentados irán dirixidos á mocidade galega (principalmente dirixidas a mozos/as de 12 a 35 anos) e teñen que desenvolverse antes de finais do ano 2017

Explicarase aos asistentes  en qué consiste a linea de axudas “Iniciativa Xove” e que tipo de proxectos podes presentar para acadalas

Inscrición previa: 

Envia un correo  co teu nome completo e teléfono de contacto a: iria.erguia@rgdinamizacion.es

tel. 669 303 742

DATA CHARLA :  mércores 29 de marzo

HORARIO: de 19 h. a 21 h. 

LUGAR: edificio municipal “Casa Azul”,  r/ Sor Lucia 2 . Pontevedra

 

Comparte en ...Share on Facebook1Tweet about this on TwitterShare on Google+0Pin on Pinterest0Share on LinkedIn0Email this to someone