content top
CERTAME NACIONAL DE MOZXS EMPRENDEDORXS

CERTAME NACIONAL DE MOZXS EMPRENDEDORXS

O Injuve convoca o Certame Nacional de Mozos Emprendedores, cuxa finalidade é apoiar a mocidade  que lidera proxectos innovadores e viables, de empresas xa constituídas, cunha antigüidade máxima de tres anos e mínima dun na data límite da presentación das solicitudes de cada convocatoria, con independencia do sector no que se promovan.

Para iso, aos dez primeiros seleccionados seralles concedida unha axuda económica que lles facilite a consolidación do proxecto de empresa promovido por cada un deles.
Entenderase por empresa os traballadorxs autónomxs, as empresas familiares, as sociedades colectivas e as asociacións que exerzan regularmente unha actividade económica,

O Injuve apoiará os proxectos seleccionados con 25.000 € cada un, e en total apoiaranse 10 proxectos distintos.

O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 12 de agosto de 2015.

Máis información no BOE do 18 de xullo de 2015 e en www.injuve.es

Comparte en ...Share on Facebook1Tweet about this on TwitterShare on Google+0Pin on Pinterest0Share on LinkedIn0Email this to someone