content top

Queres ir con Sustinea de Intercambio Xuvenil a Romanía?...

Queres ir con Sustinea de Intercambio Xuvenil a Romanía?
  A Asociación Sustinea busca  5 participantes de entre 14 a 17 anos e 1 group leader (+18, sen límite de idade) para o proxecto Intercambio Xuvenil “Integration is TeamWork!” Obxectivo do intercambio:  concienciar sobre cuestións relativas ás minorías e motivar a construción dunha comunidade integradora. Datas  e lugar : do 25 de xuño ao 2 de xullo do 2017 en Cluj-Napoca ( Transilvania- Romanía). No intercambio xuvenil participarán un total de 24 mozos e mozas de Italia, España, Letonia, Nova Zelandia e Turquía.     Data límite para presentar a túa candidatura: 20 de xuño de 2017 Para máis info https://goo.gl/vhB4YC www.sustinea.org Comparte en...

Voluntariado Europeo para Eslovaquia

Voluntariado Europeo para Eslovaquia
  Voluntario/a  para un proxecto medioambiental nun centro ecolóxico e de bioconstrución en Eslovaquia Idade: de 18 a 30 anos Datas : de xuño de 2017 a Novembro 2017 – 6 meses Descrición completa: https://drive.google.com/file/d/0B6D63jXH1-hocXV2aVEzc2oycUU/view?usp=sharing http://www.zajezka.sk/en/blog/european-voluntary-service-educational-permaculture-farming http://www.zajezka.sk/en Se estades interesados/as no  proxecto , enviade correo con CV, carta de motivacion en inglés a    hanna@zajezka.sk con copia a  sve@amigosdaterra.net Tamén tendes que cubrir este pequeño cuestionario https://goo.gl/forms/G0CMaonMWq6CCfl63 Para máis información contacta coa organizacion galega de envio “Amigos da Terra” no correo:  sve@amigosdaterra.net www.amigosdaterra.net Comparte en...

Recollida de leite .Fundacion Amigos de Galicia...

Recollida de leite .Fundacion Amigos de Galicia
Fundación Amigos de Galicia A campaña, chamada Bigotes Brancos, ten como obxectivo recadar máis de 500 litros de leite Data: sábado 29 de abril Lugar : carpa na Praza José Martí (entrada do Hiper Froiz) Horario de 10.00 a 14.00 h. Comparte en...

Campos de Traballo: nacionais e internacionais...

Campos de Traballo: nacionais e internacionais
Dirixido a mozos/as residentes en Galicia de 18 a 30 anos A reserva das prazas comeza o venres 21 de abril de 2017 ás 9:00 h.  chamando aos teléfonos da Consellería de Política Social que figuran no apartado Información e teléfonos en horario de 09.00 a 14.00 h de luns a venres. Resérvase un número de prazas en campos de traballo en Galicia para persoas con discapacidade chamando unicamente ao número de teléfono 881 999 194. Prazos: As prazas en campos de traballo internacionais poderanse solicitar, mentres existan vacantes, ata o 11 de maio (inclusive). As prazas en campos de traballo nas comunidades autónomas poderanse solicitar, mentres existan vacantes, ata o 16 de maio (inclusive). As prazas nos campos de traballo en Galicia, mentres existan vacantes, poderanse solicitar ata tres días antes do inicio da actividade. Información na www.xuventude.net ( Acción de Verán)   Comparte en...

Pontevedrada 2017, marcha nocturna solidaria...

Pontevedrada 2017, marcha nocturna solidaria
A ” Pontevedrada”  é unha  marcha solidaria nocturna de Pontevedra a Santiago de Compostela a prol da doazón de órgano. Este ano será o sábado 29 de abril con saída ás 20 h. dende a praza da Ferreria Organiza: Asampo (Asociación de Amigos da Pontevedrada) coa colaboración, entre outros do Concello de Pontevedra. O prazo de inscrición estará aberto ata o 26 de abril e  non se permitirá inscricións no mesmo día da marcha. A inscrición leva unha achega de 5 euros, agás para os menores de 18 anos. Inscrición por correo electrónico a pontevedrada@gmail.com ou por  whatsapp nos tel.  619 566 303 ou 620 821 567 A andaina que percorre o Camiño de Santiago dende Pontevedra co fin de dar visibilidade a doazón de órganos non ten carácter competitivo, se pode deixar en calquera momento e conta cun organizado aparato loxístico para non deixar a ninguén atrás. Comparte en...

Alerta de Rede Axuda

Alerta de Rede Axuda
Fundación Meniños  precisa para familia de Pontevedra : unha estufa cama e colchón de 90 cama de matrimonio armarios Tel. de Contacto: 986 850 156/ 678 754 933 Comparte en...

Solicitude de dous ordenadores para estudantes sen recursos...

Solicitude de dous ordenadores para estudantes sen recursos
A Fundación Meniños en Pontevedra precisa dous ordenadores usados para que dous estudantes poidan facer as tarefas escolares. Contacto: 986 85 01 56/678 754 933 ou envia correo a  adolescentes.pontevedra@meninos.org Comparte en...

Solicitudes de material de Redeaxuda Pontevedra...

Solicitudes de material de Redeaxuda Pontevedra
A Asociación Rexurdir, de cara a próxima apertura dun centro de atención social continuada en Pontevedra, precisa: TODO MOBILIARIO DE COCIÑA INCLUÍDO ELECTRODOMÉSTICOS LAVADORA E SECADORA INDUSTRIAL ARMAROS E ESTANTERÍAS MODULARES PARA LAVANDERÍA E ALMACÉN DE ALIMENTOS ESTANTERÍAS, MESAS E SILLAS (LAVABLES) PARA ZONA OCIO TOALLAS BAÑO (MANS E DUCHA) MOPA E CUBO FREGONA INDUSTRIAL CADROS E ELEMENTOS DE DECORACIÓN Contacto: Laura: 691 760 378 A Fundación Meniños precisa dous ordenadores usados para que dous estudantes poidan facer as tarefas escolares. Contacto: 986 85 01 56/678 754 933 Comparte en...

« Entradas antigas