content top

Programación do Cineclube para xaneiro

Programación do Cineclube para xaneiro
Todas as sesións de xaneiro serán de balde. Idioma: Francés Subtítulos: Castelán ______________________________________________ Martes 12 ás 20.15 h no Teatro Principal de Pontevedra Le Havre (Aki Kaurismäki, 2011, 93 min., VOSE) Le Havre (Le Havre, 2011) é o último filme do director finés Aki Kaurismäki e a primeira entrega da súa triloxía sobre cidades portuarias, cuxa segunda parte (co título provisional de Refugee) comezará a a rodar no outono do 2016. Competiu pola Palma de Ouro en Cannes e fíxose co premio FIPRESCI da crítica internacional, ademais de arrasar nos premios Jussi (galardóns do cinema finés) con seis estatuíñas, entre as que destacan “mellor filme”, “mellor director” e “mellor guión”.   Martes 19 ás 20.15 h no Teatro Principal de Pontevedra A batalla de Solferino (Justine Triet, 2013, 94 min., VOSE) A batalla de Solferino (La Bataille de Solférino, 2013) é a ópera prima da directora francesa Justine Triet, cuxa acción transcorre durante o 6 de maio de 2012, día no que Hollande gaña a Sarkozy nas eleccións presidenciais. O filme de Triet, entre os dez mellores do 2013 segundo a Cahiers francesa, parte dun drama cotián para falarnos dun intanxible maior: a imposibilidade de reconciliación entre os dous polos políticos que creban a sociedade francesa.   Martes 26 ás 20.15 h no Teatro Principal de Pontevedra Mauvais Sang (Leos Carax, 1986, 116 min., VOSE)   Sangue Malo (Mauvais Sang, 1986), que regresou ás salas de cine despois de case 30 anos dende a súa estrea con imaxe restaurada e supervisada polo director, é o segundo filme de Leos Carax. Juliette Binoche e Denis Lavant son os protagonistas desta historia que comeza e remata coma un relato de cinema negro, mais cuxo núcleo é profundamente romántico. Comparte en...

X Xornadas de cooperación

X Xornadas de cooperación
Evento organizado anualmente polo Fondo Galego de Cooperación e Solidariedade e que nesta edición terá como título “Vacacións con Traballo. Unha década de cooperación dende o local”. Data: 3/12/2015 Lugar: Casa das Campás de Pontevedra Horario: 9.30-14.00h Programación Comparte en...

Exames de acreditación de nivel de idioma CertAcles...

Exames de acreditación de nivel de idioma CertAcles
O Centro de Linguas da Fundación Universidade de Vigo  informa que xa está aberto o prazo de matrícula para os exames de acreditación de nivel CertAcles, no Campus de Vigo, Ourense e Pontevedra.  Campus Vigo ACREDITACIÓN DE INGLÉS NIVEL B1: 19 de xaneiro ACREDITACIÓN DE INGLÉS NIVEL B2 e C1: 18 de xaneiro ACREDITACIÓN DE Francés  NIVEL B1: 21 de xaneiro ACREDITACIÓN DE Francés  NIVEL B2: 20 de xaneiro Campus Ourense e Pontevedra ACREDITACIÓN DE INGLÉS NIVEL B1: 19 de xaneiro ACREDITACIÓN DE INGLÉS NIVEL B2 : 18 de xaneiro   Preinscricións en : http://centrodelinguas.fundacionuvigo.es/ Comparte en...

CAMPAÑA POBREZA 0: OBXECTIVO COMPARTIDO

CAMPAÑA POBREZA 0: OBXECTIVO COMPARTIDO
Acto público en Pontevedra con motivo da celebración do día internacional de loita contra a pobreza: ·Fotocall e mural informativo. ¿que tipo de pobreza coñeces? ·Enquisa. ¿a pobreza económica é a unica que empobreze a vida?. ·Lectura de manifesto Lugar: Praza de abastos de Pontevedra Data: Sábado 17 de outubro, ás 12.30h Comparte en...

Arte florar (arranxos en natural, seco e nadal) na Casa Rosada...

Arte florar (arranxos en natural, seco e nadal) na Casa Rosada
HORARIO: Grupo de iniciación: os martes de 17.00 a 19.00 h Grupo de perfeccionamento: os martes de 19.30 a 21.30 h. LUGAR: No centro social “casa rosada”. DURACIÓN: Dous meses ( 8 martes) COMENZO: ó cubrir prazas PREZO: 40 € / curso completo. O material corre por conta do alumnado. ORGANIZA: Concello de Poio. Benestar Social INSCRICIÓNS: No centro social do concello “casa rosada”. Teléfono: 986872401 Comparte en...

Curso de cestería na Casa Rosada

Curso de cestería na Casa Rosada
·HORARIO: Os sábados de 6 a 9 da noite na biblioteca de Campelo ou Os martes de 10.30 a 13.30 h. no centro social “casa rosada” ·DURACIÓN: 2 meses- 8 sesións ( puidéndose prorrogar si o alumnado o solicita) ·PREZO: 45 € /mes ( con material incluído) ·COMENZO: ó cubrir as prazas ·ORGANIZA: concellaria de benestar social. Concello de Poio ·INFORMACIÓN E INSCRICIÓNS: 986872401 Comparte en...

CURSO: ANIMACIÓN FÍSICO DEPORTIVA E RECREATIVA (AFDA0211)...

CURSO: ANIMACIÓN FÍSICO DEPORTIVA E RECREATIVA (AFDA0211)
Duración do curso: 608 horas das cales 120 destinaranse a prácticas (88 días lectivos). Horario: de 8:00 a 15.00 h. (de lúns a venres); 7 h/día Data de inicio e remate: do 03 de agosto ó 03 de decembro de 2015. Convoca: Deputación de Pontevedra Contacto: Antonio Abel Seoane Estévez – Axente desenvolvemento local Tlf: +34 986 804 100 (Ext. 40699) Mail: antonioabel.seoane@depo.es  www.depo.es   Comparte en...

CURSO: PROMOCIÓN TURÍSTICA LOCAL E INFORMACIÓN AO VISITANTE (HOT0108)...

CURSO: PROMOCIÓN TURÍSTICA LOCAL E INFORMACIÓN AO VISITANTE (HOT0108)
Duración do curso: 708 horas das cales 120 destinaranse a prácticas (98 días lectivos). Horario: de 8:00 a 15.15 h. (de lúns a venres); 7,15 h/día Data de inicio e remate: do 31 de xullo ó 15 de decembro de 2015. Convoca: Deputación de Pontevedra Contacto: Antonio Abel Seoane Estévez – Axente desenvolvemento local Tlf: +34 986 804 100 (Ext. 40699)    Mail: antonioabel.seoane@depo.es    www.depo.es Comparte en...

« Entradas antigas