content top

CAMPAÑA POBREZA 0: OBXECTIVO COMPARTIDO

CAMPAÑA POBREZA 0: OBXECTIVO COMPARTIDO
Acto público en Pontevedra con motivo da celebración do día internacional de loita contra a pobreza: ·Fotocall e mural informativo. ¿que tipo de pobreza coñeces? ·Enquisa. ¿a pobreza económica é a unica que empobreze a vida?. ·Lectura de manifesto Lugar: Praza de abastos de Pontevedra Data: Sábado 17 de outubro, ás 12.30h Comparte en...

Ligas Galegas de Waterpolo

Ligas Galegas de Waterpolo
A próxima fin de semana do 17 e 18 de outubro o Club Waterpolo Galaico Pontevedra tendrá unha dobre xornada de Ligas Galegas de Waterpolo frente á Asociación Coruñesa de Waterpolo O sábado ambos clubes enfrentaranse na piscina do CGTD de Pontevedra nas ligas infantil, cadete feminina e alevín. O domingo os pontevedreses desplazaranse ao INEF da Coruña para xogar en ligas cadete e absoluta de 2ª división. Datas e lugares: Sábado 17 de outubro a partires das 16.45h no CGTD de Pontevedra (Rúa Padre Fernando Olmedo, 1) Domingo 18 de outubro, a partires das 10h no INEF da Coruña (Avd. Che Guevara 121, Bastiagueiro, Oleiros) Comparte en...

Oficina Municipal de Xuventude do Concello de Pontevedra...

Oficina Municipal de Xuventude do Concello de Pontevedra
Oficina Municipal de Xuventude do Concello de Pontevedra:  SERVIZOS: tanto de xeito presencial como no noso web  www.xuventude.pontevedra.eu: – Información sobre oferta formativa, lúdica e de emprego. – Se necesitas apoio na elaboración do teu currículum ou orientación laboral, podemos axudarte. – Podes facer aquí o Carné Xove. – Reparto gratuito de preservativos. – Infórmate e participa dos nosos programas xuvenís: Noites Abertas, Ponteverán, Local de Música, Pisando Forte (formación para o emprego), Voluntariado Erasmus+   Destinatarixs: poboación nova de 12 a 35 anos. Horario: de luns a venres de 9 a 15h. Horario de verán: de 9 a 14h. Contacto: 986840367   xuventude@pontevedra.eu http://www.xuventude.pontevedra.eu   Comparte en...

CERTAME NACIONAL DE MOZXS EMPRENDEDORXS

CERTAME NACIONAL DE MOZXS EMPRENDEDORXS
O Injuve convoca o Certame Nacional de Mozos Emprendedores, cuxa finalidade é apoiar a mocidade  que lidera proxectos innovadores e viables, de empresas xa constituídas, cunha antigüidade máxima de tres anos e mínima dun na data límite da presentación das solicitudes de cada convocatoria, con independencia do sector no que se promovan. Para iso, aos dez primeiros seleccionados seralles concedida unha axuda económica que lles facilite a consolidación do proxecto de empresa promovido por cada un deles. Entenderase por empresa os traballadorxs autónomxs, as empresas familiares, as sociedades colectivas e as asociacións que exerzan regularmente unha actividade económica, O Injuve apoiará os proxectos seleccionados con 25.000 € cada un, e en total apoiaranse 10 proxectos distintos. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 12 de agosto de 2015. Máis información no BOE do 18 de xullo de 2015 e en www.injuve.es Comparte en...

SUBVENCIÓNS PARA ACTIVIDADES CULTURAIS

SUBVENCIÓNS PARA ACTIVIDADES CULTURAIS
A Consellería de Cultura convoca subvencións a institucións sen fin de lucro, entidades locais galegas e agrupacións de concellos, destinadas ao financiamento de gastos correntes derivados da realización de festivais, feiras, mostras, ciclos e certames de artes escénicas e musicais de carácter afeccionado. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o 21 de agosto de 2015. As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento CT215A Máis información no DOG do 21 de xullo de 2015 Comparte en...

Clases de apoio escolar e inglés

Clases de apoio escolar e inglés
Clases de Apoio escolar e inglés para infantil e primario a domicilio. Experiencia, paciencia, seriedade e bó prezo. Sesións interesantes e dinámicas facilitanda a aprendizaxe Tel. de contacto 679073524 Comparte en...

Clases particulares a nenos/as de Infantil, Primaria e Eso...

Clases particulares  a nenos/as de Infantil, Primaria e Eso
Estudante de Enxeñería  de Minas, imparte clases particulares a alumnos/as  de Infantil, Primaria  e E.S.O. a domicilio na cidade de Pontevedra ou arredores. Prezos muy económicos e  bós resultados. Seriedade e motivación do alumno. Teléfono: 616 784275 Comparte en...

Ofrecezco traballos de fotografia

Ofrecezco traballos de fotografia
Se  buscas mellorar unha fotografía antigua, ou descolorida, se queres enmarcar unha foto para regalar ou buscas unha caricatura ou imasen de diseño gráfico, ponte en contacto por correo electrónico  designspontevedra@gmail.com ou contacta por móbil no 622 074 024.  Para coñecer os meus traballos visita  o meu blog http://designpontevedra.blogspot.com                                                 Realizo tratamento de imáxenes dixitais, escaneo imáxenes para correxilas dixitalmente, enmarco fotografías e moito máis. Comparte en...

« Entradas antigas