content top

Encontro mostra asociativa xuvenil Galicia-Norte de Portugal...

Encontro mostra asociativa xuvenil Galicia-Norte de Portugal
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e  Voluntariado e a Fundación Galicia Europa, en colaboración co IPDJ (Instituto Português do Desporto e Juventude), a Câmara Municipal de Braga e as Federações Distritaiss de Associações Juvenis do Norte de Portugal, participan no 8ª EMAX organizado pola FNAJ (Federação Nacional das Associações Juvenis de Portugal ) os días 9, 10 e 11 de decembro de 2016 en  Braga (Portugal). Obxectivo O encontro ten por obxectivo crear un espazo aberto ao asociacionismo e de reflexión  sobre a empregabilidade xuvenil e a importancia da participación das persoas mozas na sociedade, na cooperación transfronteiriza e no desenvolvemento das rexións. Será un espazo para tratar temas de interese común, principalmente aqueles que están relacionados coas oportunidades de cooperación transfronteiriza, a innovación e o emprendemento social, dando continuidade ás actividades desenvolvidas nas anteriores edicións da EMAX. Preténdese que sexa unha mostra de boas prácticas asociativas e proxectos, posibilitando o intercambio de experiencias entre os/as mozos e  mozas participantes, estimulando o espírito de iniciativa e a creatividade. Aproveitarase para facer fincapé na participación activa das asociacións, podendo elas mesmas mostrar as súas iniciativas e compartir ideas e experiencias. Finalidade O encontro ten por finalidade crear un espazo de aprendizaxe, animación, cultura e lecer que poida constituír un marco cualitativo na afirmación do asociacionismo xuvenil desta dinámica e rexión do Norte de Portugal e Galicia. Data e lugar de realización: Auditorio VITA de Braga os días  9, 10 e 11 de decembro de 2016 Destinatarios: Mozos e mozas que sexan membros de asociacións xuvenís ou de grupos informais, de entre 18 e 30 anos. Prazas ofertadas: ofertase un total de 100 prazas, con un máximo de 5 prazas por asociación ou grupo informal. Inscrición: será a través de formulario electrónico. Prazo de inscrición: do 17 ao 27 de novembro As prazas serán adxudicadas por rigoroso orde de inscrición, tendo prioridade as persoas que se presenten por asociacións xuvenís ou grupos informais que cumpran os seguintes requisitos: -Se inscriban para participar na “Mostra que Fazes”, que consiste na presentación de boas prácticas  asociativas ou proxectos. En 7 minutos  mostra o que fai a túa asociación ou describe algún proxecto específico. -Que se inscriban para participar na mostra con música tradicional galega. -Que se inscriban para participar na mostra expositiva Si as inscricións  para participar nas actividades descritas superan o número de prazas,...

Coñece a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia!...

Coñece a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia!
A Escola Superior de Arte Dramática de Galicia ubicada na cidade de Vigo,  ofrece unhas visitas guiadas para dar a coñecer dunha maneira práctica como son os Estudos Superiores en Arte Dramática que se están a impartir na escola: – Escenografía – Interpretación – Dirección escénica e dramaturxia A QUEN VAN DIRIXIDAS? – Comunidade educativa (centros de secundaria, centros superiores e universitarios…). – Colectivos interesados nas artes escénicas (grupos e asociacións de teatro, centros de xuventude…). EN QUE CONSISTEN ESTAS VISITAS? Ofrécese aos visitantes un percorrido de carácter práctico, participativo e divertido onde se poderán vivenciar os diferentes procesos de traballo dos oficios teatrais impartidos na escola. Para asistir e organizar a estas actividades deberá realizarse previamente a reserva a través deste correo. +Info: www.esadgalicia.com Comparte en...

Apertura periodo propostas para actividades do programa Noites Abertas 2017...

Apertura periodo propostas para actividades do programa  Noites Abertas 2017
  O programa Noites Abertas da Concellaría de Xuventude do Concello de Pontevedra, abre a convocatoria para a presentación de proxectos-propostas de actividades para a súa 18ª edición que terá lugar de xaneiro a maio de 2017. A convocatoria permanecerá aberta do 13 de outubro ao 4 de novembro : para o deseño de propostas hai un FORMULARIO ON LINE , aberto dende o 13 de outubro , na web http://noitesabertas.gal/formulario-proxectos/ para facilitar o mecanismo no deseño un proxecto que responda á filosofía e obxectivos do programa.  Cos proxectos seleccionados confeccionarase o programa de actividades definitivo para os meses de xaneiro a maio de 2017 e que configurarán a XVIII edición deste programa que iniciou a súa andadura alá polo ano 1999. Con esta metodoloxía de traballo o que se pretende é que os propios mozos e mozas sexan protagonistas do seu ocio, dándolles a posibilidade de participar activamente no deseño de actividades e así poder compartir con xente da súa idade, intereses e afeccións diversas, tan diversas como é a xuventude. As propostas deseñadas poden ser de actividades deportivas, culturais, obradoiros de diverso tipo, rutas, xogos… sempre respondendo aos fins de Noites Abertas. O ano pasado recibíronse 207 propostas das cales seleccionáronse 127 actividades distintas. Para facilitar información sobre esta convocatoria, Noites Abertas convoca a todas as entidades culturais, asociacións, colectivos, grupos xuvenís e mocidade de Pontevedra interesadas en participar na elaboración de proxectos-proposta de actividades, a unha reunión informativa o XOVES 13 DE OUTUBRO ás 19h. no salón de actos do Pazo da Cultura. No mes de novembro a coordinación do programa fará a selección das propostas definitivas tendo en conta os criterios de selección do programa, así como a avaliación das edicións anteriores, para pasar a unha nova fase de programación concreta das actividades seleccionadas, e configurar así o calendario definitivo para comezar na última fin de semana do mes de xaneiro de 2017. Máis información: Programa Noites Abertas Oficina de Xuventude do Concello de Pontevedra correo: noitesabertas@pontevedra.gal www.noitesabertas.gal “Casa Azul”, rúa Sor Lucía 2, 3º  Pontevedra  986 840367 Comparte en...

Clases e salas de ensaio e gravación: Overdrive Studios...

Clases e salas de ensaio e gravación: Overdrive Studios
Clases de guitarra, bateria e baixo.  Salas de Ensaio e Gravación Información: www.overdrivestudios.es r/ Raxado 1, 36003 Pontevedra tel. 986 109 345 / 604 054 173 Comparte en...

Residencias de Xuventude para o curso 2016 – 2017...

Residencias de Xuventude para o curso 2016 – 2017
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, dispón de instalacións que durante o curso académico funcionan como residencias xuvenís. Como é habitual as ditas instalacións póñense a disposición dos mozos/as estudantes, reservando un 9% das prazas para a mocidade traballadora e  resérvase tamén un 9% para o caso de mozas que sufran violencia de xénero ou para mozos e mozas cuxas proxenitoras a sufrisen. As instalacións a disposición dos mozos e mozas residentes durante o curso académico ofrecen aloxamento e mantenza, nelas desenvólvese unha serie de actividades e convivencias educativas a través das que se intenta fomentar valores sociais, culturais e deportivos.  Convocatoria para o curso académico 2016/17: 220 prazas. Prazo de presentación de solicitudes: Estará aberto dende o 28 de abril ata o 27 de maio de 2016. As solicitudes descárganse ou realízanse telematicamente dende a sede electrónica da xunta https://sede.xunta.es, entrando no procedemento BS303B para estudantes e BS303D para traballadores/as. Requisitos xerais: – Posuír nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea, ou ser estranxeiro/a residente en España no momento da solicitude de praza. – Non ter perdido a condición de residente por causa imputable a persoa solicitante. –Ter os 16 anos cumpridos e non superar os 30, na data do 31 de decembro de 2016. A mocidade estudante, ademais: – Cursar estudos de formación profesional ou ciclos formativos, de bacharelato,  estudos universitarios tendentes á obtención do título de grao ou equivalente ou ben, mentres non se xeneralice a implantación dos novos títulos universitarios, estudos universitarios de 1º, 2º ou 3º ciclo nunha facultade ou escola universitaria, ou estudos superiores en ensinanzas artísticas. – Que no concello onde radique a súa residencia habitual non exista oferta de centros públicos para realizar o curso, nivel ou grao correspondente aos estudos que vaia cursar o/a solicitante. Exceptúase do anterior a realización de estudos universitarios, nos cales o/a solicitante non acade a nota de corte ou puntuación académica mínima esixida para o ingreso nas facultades ou escolas universitarias da localidade de residencia habitual. A mocidade traballadora tamén deberán cumprir os seguintes: – Que o lugar de traballo teña o enderezo nun concello distinto ao lugar de residencia habitual da persoa solicitante. – No caso de que a relación de traballo non sexa fixa ou indefinida terá que ter unha duración mínima de 3 meses contados desde...

“Aniñadoiro” mercado de novos creadores no Liceo Mutante...

“Aniñadoiro” mercado de novos creadores no Liceo Mutante
Nova edición de  o “Aniñadoiro”   mercado de novos creadores no  Liceo Mutante ( r/Rosalia de Castro nº 100 Pontevedra) Data: sábado 16 de abril Horario: a partir da 12 h. do mediodia Coa entrada de balde, todos os interesados poderán achegarse ás súas instalacións na rúa Rosalía de Castro 100, para gozar da coidada selección de participantes, do bo ambiente e dun vermú ou un pincho vegano. O Aniñadoiro, que naceu seguindo o empeño do Liceo Mutante de apoiar a creación e o arte en todas as súas manifestacións, contará con proxectos que van desde propostas para os máis pequenos coma os xoguetes artesanais de Artludic, ata o deseño téxtil sostible de LeChanelas, pasando polo magazine de divulgación cultural que o colectivo Croa presentará durante a xornada do sábado.   Comparte en...

Oferta concertada 2016 das instalacións xuvenís no verán...

Oferta concertada 2016 das instalacións xuvenís no verán
A Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado da Xunta de Galicia, convoca a oferta de uso das súas instalacións xuvenís para a campaña de verán do ano 2016, que comprende do 15 de xuño ao 30 de setembro de 2016. O uso das instalacións ofertadas suporá dispoñer: -Dos servizos de auga, gas, electricidade e alimentación en réxime de pensión completa. -Do material (excepto o correspondente ás actividades específicas) que, no caso dos campamentos, comprende tamén as tendas de campaña, colchóns e mantas. -Xerencia e persoal de servizo. Poderán solicitar o uso das instalacións: 1. As asociacións xuvenís as entidades prestadoras de servizos á xuventude e as escolas de tempo libre, debidamente constituídas e legalizadas. 2. Os consellos locais e municipais de xuventude. 3. As corporacións locais. 4. Outras entidades públicas ou privadas que realicen actividades coa xuventude. 5. Grupos de mozos e mozas non asociados/as que organicen actividades de tempo libre sen ánimo de lucro e, en todo caso, para efectos de realización dun programa de actividades para un mínimo de 15 persoas. Aqueles grupos que figuren inscritos no rexistro da Consellería de Política Social como entidades prestadoras de servizos sociais, gozarán dun desconto do 50 % sobre os prezos sinalados. As asociacións xuvenís e as entidades prestadoras de servizos á xuventude, domiciliadas na Comunidade Autónoma galega e inscritas no correspondente censo ou rexistro dependente da Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado, terán, así mesmo, un desconto do 50 % sobre os prezos. Os prezos das instalacións están publicados no DOG do 8 de abril de 2016. As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento BS304A. O prazo de presentación de solicitudes estará aberto ata o día 23 de abril de 2016. Máis información no DOG do 8  de abril de 2016 e no correo ofertaconcertada.benestar@xunta.es Comparte en...

Xornada portas abertas de “Alcoólicos Anónimos” na Casa Azul...

Xornada portas abertas de “Alcoólicos Anónimos” na Casa Azul
O Grupo Peregrino, pertencente á Comunidade de Alcoólicos Anónimos e que forma parte programa Hedra  do edificio de Benestar Municipal  , organiza :  XORNADAS DE PORTAS ABERTAS para o venres  15 de abril ás 20 h. na sala Valdecorvos do edificio municipal “Casa Azul” na r/ Sor Lucia 2 Pontevedra . Nesta xornada se pretende dar a coñecer o funcionamento do programa, compartir experiencias de recuperación e coñecer as testemuñas dos seus membros. Están invitados/as a participar as persoas que podan estar sufrindo,que queiran iniciar a súa recuperación, familiares interesados/as en cómo facer fronte a esta situación ou profesionais que poidan detectar esta problemática. Para calqueira aclaración ou dúbida poden porse en contacto co grupo no teléfono 620717411 ou ben no correo casazul@pontevedra.eu ALCOHÓLICOS ANÓNIMOS. Grupo “ Peregrino” Sor Lucía, nº 2. Despacho 53. Área 5. 36002. Pontevedra Teléfono. 620 717 411 Xuntanzas: luns e xoves de 20.00 a 21.30 no edificio municipal “Casa Azul” Web España: http://www.alcoholicos-anonimos.org Comparte en...

« Entradas antigas Entradas novas »