content top

Convocatoria para Recoñecemento Experiencia Profesional...

Convocatoria para Recoñecemento Experiencia Profesional
 A Xunta de Galicia convoca novo procedemento para a Avaliación e a Acreditación das Competencias Profesionais adquiridas por experiencia laboral ou por vías non formais de formación. Cualificacións profesionais convocadas: Familia Administración e xestión: Actividades administrativas de recepción e relación coa clientela Actividades de xestión administrativa Familia Agraria: Instalación e mantemento de xardíns e zonas verdes Aproveitamentos forestais Actividades de floraría Produción de sementes e plantas en viveiro Familia Comercio e márketing:   Actividades de venda Organización e xestión de almacéns Actividades de xestión do pequeno comercio Xestión comercial inmobiliaria Familia Edificación e obra civil:   Fábricas de albanelaría Armaduras pasivas para formigón Cubricións inclinadas Encofrados Impermeabilización mediante membranas formadas con láminas Pavimentos e albanelaría de urbanización Revestimentos con pastas e morteiros en construción Colocación de pedra natural Instalación de placa de xeso laminado e falsos teitos Instalación de sistemas técnicos de pavimentos, empanelados e anteparos Pintura decorativa en construción Revestimentos con pastas e morteiros en construción Revestimentos con pezas ríxidas por adherencia en construción Familia Electricidade e electrónica:   Montaxe e mantemento de infraestruturas de telecomunicacións en edificios Montaxe e mantemento de instalacións eléctricas de baixa tensión Montaxe e mantemento de instalacións solares fotovoltaicas Montaxe e mantemento de infraestruturas de telecomunicacións en edificios Montaxe e mantemento de instalacións de megafonía, sonorización de locais e circuíto pechado de televisión Montaxe e mantemento de sistemas de telefonía e infraestruturas de redes locais de datos Familia Fabricación mecánica:   Mecanizado por arranque de labra Soldadura Caldeiraría, carpintaría e montaxe de construcións metálicas Fabricación e montaxe de instalacións de tubaxe industrial Familia Hostalaría e turismo: Cociña Repostaría Pastelaría e confeitaría Servizos de bar e cafetaría Servizos de restaurante Recepción Xestión de pisos e limpeza en aloxamentos Familia Imaxe persoal:   Servizos estéticos de hixiene, depilación e maquillaxe Coidados estéticos de mans e pés Peiteado Coidados estéticos de mans e pés Familia Industrias alimentarias:   Repostaría Panadaría e bolaría Pastelaría e confeitaría Familia Informática e comunicacións:   Sistemas microinformáticos Montaxe e reparación de sistemas microinformáticos Operación de redes departamentais Operación de sistemas informáticos Familia Instalación e mantemento:   Montaxe e mantemento de instalacións frigoríficas Montaxe e mantemento de instalacións de climatización e ventilación-extracción Montaxe e mantemento de instalacións solares térmicas Montaxe, posta en servizo, mantemento e inspección de instalacións receptoras e aparellos de gas Montaxe e mantemento de instalacións caloríficas Familia Madeira, moble...

Intercambio xuvenil en Londres “Let´s dream big”...

Intercambio xuvenil en Londres “Let´s dream big”
  Organiza:  Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia O proxecto terá lugar na cidade de Londres (Reino Unido), no que 40 mozos e mozas de España e Reino Unido terán a oportunidade de participar activamente nun intercambio xuvenil bilateral, no que se levarán a cabo diferentes actividades como: grupos de traballo, foros de discusión, encontros con asociacións culturais e con representantes de entidades locais, entre outras. Datas de realización do intercambio: do 12 ao 21 de febreiro de 2017. Destinatarios: 20 mozos e mozas residentes en Galicia entre 18 e 30 anos (este requisito deberá cumprirse o día de inicio do intercambio) motivados/as a participar nun intercambio interactivo, que estean interesados/as en establecer unha empresa, ser empresarios individuais autónomos ou estean en búsqueda de emprego e con coñecementos de danza, fotografía, música e/ou maquillaxe. Prazo de inscrición: do 14 ao 25 de decembro de 2016. Cota de participación FEE: 100 € (serán pagados á organización de acollida mediante transferencia bancaria no momento de recibir a comunicación da selección). Os participantes comprarán os billetes de traslado (ida e volta) desde o seu domicilio ata o lugar de aloxamento do intercambio en Londres pola súa propia conta, e seralles devolto o custo ata un máximo de 170 euros, coa presentación da factura a nome da organización Renegade Talent (facilitaranse os datos para facer esta no correo electrónico de confirmación da praza) e boarding pass (tarxetas de embarque) ou outros xustificantes de viaxe. Observación: a organización de acollida realizará o reembolso en libras esterlinas, con independencia da moeda indicada no billete e na  factura. Inscrición: Realizarase mediante o envío do formulario electrónico dispoñible nesta páxina web dentro do prazo establecido. Soamente se admitirá una solicitude por participante. Os erros nos datos facilitados na solicitude de participación ou a omisión de algún deles, poderá ocasionar a desestimación da solicitude. Admisión: Será por rigorosa orde de inscrición sempre que se xustifiquen por escrito na solicitude o interese e motivación na temática  e os coñecementos de danza, fotografía, música e/ou maquillaxe, e ata cubrir a totalidade das prazas convocadas para o intercambio. Os/as solicitantes seleccionados/as recibirán un correo electrónico de confirmación da praza, no que se indicará ademais os datos de facturación da organización de acollida para os efectos de emisión da factura por viaxe e ingreso de cota de participación. De non...

“Non me mitifiques polo nome” , Dia Internacional da Discapacidade...

“Non me mitifiques polo nome” , Dia Internacional da Discapacidade
 O sábado 3 de decembro é o  ” Día Internacional da Discapacidade” A Organización de Xordos de Galicia (Xoga), realiza a campaña “Non me mitifiques polo nome”  Para maior sensibilización e axuda ás persoas con discapacidade sensorial comparte e difunde a campaña nas túas redes socias co seu #apoiaadiscapacidadesensorial                                                                                       Centraliña XOGA Organización de Xordos de Galicia  Móvil: 698 147 917 Centraliña: infoxoga@gmail.com Facebook  /organizacionxoga   Twitter @organizaxoga Comparte en...

#ctrlnonéamor

#ctrlnonéamor
Descarga a guia visual http://saraiba.wix.com/ctrlnoneamor#!blank/tigyq Recurso sobre violencia nas relacións de noivado entre adolescentes Proporciona unha visión crítica das relacións de parella baseadas nos mitos do amor romántico. As autoras e autor do manual son Judith Velasco, Esther Arias, Sandra Carracedo, Raquel Monteserrín, Zoraida Chao, Alba Vázquez e Benjamín Salvador. As ilustracións son de Judith Velasco. (proxectos subvencionados pola programa de Xuventude Iniciativa Xove, e foi desenvolto por Saraiba) Teléfono 016:  información e asesoramento xurídico en materia de violencia de xénero. Comparte en...

Os Premios “Ernestina Otero” xa teñen gañadoras/es...

Os Premios “Ernestina Otero” xa teñen gañadoras/es
Os premios promovidos polo Concello de Pontevedra a través da concellaría de Igualdade co fin de incorporar a perspectiva de xénero nos traballos de fin de grao e máster  do alumnado das universidades galegas. Na categoría Traballos de Fin de Grao: O impacto da Coeducación no desenvolvemento persoal. Autora: Tamara Fernández Amosa Un traballo que aporta unha boa metodoloxía e unha boa proposta de intervención partindo dun diagnóstico inicial. Existe ademais unha autoavaliación na que se recollen propostas de mellora nun campo tan prioritario de traballo como é o educativo. A Educación Afectivo-Sexual en persoas con diversidade funcional e intelectual. Autora: Bárbara Penas Rey Pola súa valentía no tema que trata poñendo o foco nunca realidade que normalmente se agacha. Visibilizando unha realidade que nos se quere ver e dando voz ás e os protagonistas fomentando a súa autonomía. Escola de Igualdade: Proxecto de formación en igualdade de xénero para o monitorado de “Noites Abertas”. Autor: Ignacio Márquez Collazos Un traballo práctico que avalía unha experiencia que xa está en marcha propoñendo vías de mellora. Metodoloxicamente utiliza o esquema Investigación-Acción-Participación dando voz as/os participantes. Na categoría Traballos de Fin de Máster As bruxas non me dan medo (o que me dá medo son os fillos de puta). O concepto“bruxa” na creación audiovisual contemporánea. Autora: Rebeca López Villar Partindo dun estereotipo aborda a bruxa como concepto, desmitificándoo e deconstruíndo o imaxinario existente para resignificalo dende unha óptica feminista. O traballo conta con contido audiovisual o que o dota dunha parte practica moi interesante para o traballo posterior. Pon de manifesto a importancia da obra artística para a difusión das mensaxes. Os traballos presentados tiñan que estar defendidos ao longo do curso 2015-2016 e súa temática tiña necesariamente que estar vencellada ao “fomento da igualdade entre homes e mulleres, facilitando a sensibilización e a participación de toda a cidadanía”.O luns 28 de novembro na Casa da Luz ( praza da Verdura) as persoas premiadas recibirán, ademais da achega económica, un diploma de mención pola presentación do seu traballo Comparte en...

Encontro mostra asociativa xuvenil Galicia-Norte de Portugal...

Encontro mostra asociativa xuvenil Galicia-Norte de Portugal
A Dirección Xeral de Xuventude, Participación e  Voluntariado e a Fundación Galicia Europa, en colaboración co IPDJ (Instituto Português do Desporto e Juventude), a Câmara Municipal de Braga e as Federações Distritaiss de Associações Juvenis do Norte de Portugal, participan no 8ª EMAX organizado pola FNAJ (Federação Nacional das Associações Juvenis de Portugal ) os días 9, 10 e 11 de decembro de 2016 en  Braga (Portugal). Obxectivo O encontro ten por obxectivo crear un espazo aberto ao asociacionismo e de reflexión  sobre a empregabilidade xuvenil e a importancia da participación das persoas mozas na sociedade, na cooperación transfronteiriza e no desenvolvemento das rexións. Será un espazo para tratar temas de interese común, principalmente aqueles que están relacionados coas oportunidades de cooperación transfronteiriza, a innovación e o emprendemento social, dando continuidade ás actividades desenvolvidas nas anteriores edicións da EMAX. Preténdese que sexa unha mostra de boas prácticas asociativas e proxectos, posibilitando o intercambio de experiencias entre os/as mozos e  mozas participantes, estimulando o espírito de iniciativa e a creatividade. Aproveitarase para facer fincapé na participación activa das asociacións, podendo elas mesmas mostrar as súas iniciativas e compartir ideas e experiencias. Finalidade O encontro ten por finalidade crear un espazo de aprendizaxe, animación, cultura e lecer que poida constituír un marco cualitativo na afirmación do asociacionismo xuvenil desta dinámica e rexión do Norte de Portugal e Galicia. Data e lugar de realización: Auditorio VITA de Braga os días  9, 10 e 11 de decembro de 2016 Destinatarios: Mozos e mozas que sexan membros de asociacións xuvenís ou de grupos informais, de entre 18 e 30 anos. Prazas ofertadas: ofertase un total de 100 prazas, con un máximo de 5 prazas por asociación ou grupo informal. Inscrición: será a través de formulario electrónico. Prazo de inscrición: do 17 ao 27 de novembro As prazas serán adxudicadas por rigoroso orde de inscrición, tendo prioridade as persoas que se presenten por asociacións xuvenís ou grupos informais que cumpran os seguintes requisitos: -Se inscriban para participar na “Mostra que Fazes”, que consiste na presentación de boas prácticas  asociativas ou proxectos. En 7 minutos  mostra o que fai a túa asociación ou describe algún proxecto específico. -Que se inscriban para participar na mostra con música tradicional galega. -Que se inscriban para participar na mostra expositiva Si as inscricións  para participar nas actividades descritas superan o número de prazas,...

Coñece a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia!...

Coñece a Escola Superior de Arte Dramática de Galicia!
A Escola Superior de Arte Dramática de Galicia ubicada na cidade de Vigo,  ofrece unhas visitas guiadas para dar a coñecer dunha maneira práctica como son os Estudos Superiores en Arte Dramática que se están a impartir na escola: – Escenografía – Interpretación – Dirección escénica e dramaturxia A QUEN VAN DIRIXIDAS? – Comunidade educativa (centros de secundaria, centros superiores e universitarios…). – Colectivos interesados nas artes escénicas (grupos e asociacións de teatro, centros de xuventude…). EN QUE CONSISTEN ESTAS VISITAS? Ofrécese aos visitantes un percorrido de carácter práctico, participativo e divertido onde se poderán vivenciar os diferentes procesos de traballo dos oficios teatrais impartidos na escola. Para asistir e organizar a estas actividades deberá realizarse previamente a reserva a través deste correo. +Info: www.esadgalicia.com Comparte en...

Apertura periodo propostas para actividades do programa Noites Abertas 2017...

Apertura periodo propostas para actividades do programa  Noites Abertas 2017
  O programa Noites Abertas da Concellaría de Xuventude do Concello de Pontevedra, abre a convocatoria para a presentación de proxectos-propostas de actividades para a súa 18ª edición que terá lugar de xaneiro a maio de 2017. A convocatoria permanecerá aberta do 13 de outubro ao 4 de novembro : para o deseño de propostas hai un FORMULARIO ON LINE , aberto dende o 13 de outubro , na web http://noitesabertas.gal/formulario-proxectos/ para facilitar o mecanismo no deseño un proxecto que responda á filosofía e obxectivos do programa.  Cos proxectos seleccionados confeccionarase o programa de actividades definitivo para os meses de xaneiro a maio de 2017 e que configurarán a XVIII edición deste programa que iniciou a súa andadura alá polo ano 1999. Con esta metodoloxía de traballo o que se pretende é que os propios mozos e mozas sexan protagonistas do seu ocio, dándolles a posibilidade de participar activamente no deseño de actividades e así poder compartir con xente da súa idade, intereses e afeccións diversas, tan diversas como é a xuventude. As propostas deseñadas poden ser de actividades deportivas, culturais, obradoiros de diverso tipo, rutas, xogos… sempre respondendo aos fins de Noites Abertas. O ano pasado recibíronse 207 propostas das cales seleccionáronse 127 actividades distintas. Para facilitar información sobre esta convocatoria, Noites Abertas convoca a todas as entidades culturais, asociacións, colectivos, grupos xuvenís e mocidade de Pontevedra interesadas en participar na elaboración de proxectos-proposta de actividades, a unha reunión informativa o XOVES 13 DE OUTUBRO ás 19h. no salón de actos do Pazo da Cultura. No mes de novembro a coordinación do programa fará a selección das propostas definitivas tendo en conta os criterios de selección do programa, así como a avaliación das edicións anteriores, para pasar a unha nova fase de programación concreta das actividades seleccionadas, e configurar así o calendario definitivo para comezar na última fin de semana do mes de xaneiro de 2017. Máis información: Programa Noites Abertas Oficina de Xuventude do Concello de Pontevedra correo: noitesabertas@pontevedra.gal www.noitesabertas.gal “Casa Azul”, rúa Sor Lucía 2, 3º  Pontevedra  986 840367 Comparte en...

« Entradas antigas