content top

Obradoiro gratuito para emprendedores/as

Obradoiro gratuito para emprendedores/as
   Workshop para desenvolver a túa idea de negocio. Organiza   APROA, Asociación Promoción Autoemprego e Emprego de Pontevedra. Datas : 26 ao 30 de xuño Horario:  18:30-20:30 h. Localidade: Pontevedra Gratuito previa inscrición en asociacionaproapontevedra@gmail.com tel. 986 868 660       Comparte en...

Probas acceso a ensinanzas deportivas

Probas acceso a ensinanzas deportivas
Convoca: Consellería de Educación , para o curso 2017/18. Requisitos para o acceso ás ensinanzas deportivas de grao medio: a) Dispor do título de graduado en educación secundaria, e superar unha proba específica. b) O alumnado que non dispoña do título de graduado en educación secundaria, deberá ter 17 anos e superar a proba de madureza. Requisitos para o acceso ás ensinanzas deportivas de grao superior: a) Dispor do título de técnico deportivo na modalidade ou especialidade deportiva correspondente, ter o título de bacharel, ou equivalente para os efectos académicos, e cumprir cos requisitos relativos á experiencia deportiva que se puideren establecer na especialidade ou modalidade correspondente. b) O alumnado que non posúa o título de bacharel deberá ter 19 anos e superar unha proba de madureza. Inscrición ata o 7 de xullo de 2017 preferentemente na secretaría dos centros públicos onde se imparten ensinanzas deportivas. As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es cos procedemento ED318A Máis información no DOG 14 de xuño de 2017 e en http://www.edu.xunta.gal/portal/taxonomy/term/212 Datas: A proba de madureza terá lugar no IES As Fontiñas, Santiago de Compostela: a) Grao medio. Proba de madureza: 4 de setembro, das 9.00 ás 13.00 horas b) Grao superior. Proba de madureza: 4 de setembro, das 9.00 ás 13.00 horas. A proba de acceso específica para as titulacións de técnicos deportivos realizarase: a) Na modalidade de Fútbol terá lugar no IES Universidade Laboral en Culleredo, o día 6 de setembro ás 10.00 horas, e no IES Sánchez Cantón en Pontevedra (instalación A Xunqueira), o día 8 de setembro ás 10.30 horas. Os aspirantes só poderán realizar as probas no centro en que formalizaron a inscrición. b) Na modalidade de Balonmán terá lugar no IES Sánchez Cantón en Pontevedra (instalación A Xunqueira), o día 8 de setembro ás 10.00 horas. c) Na modalidade de Fútbol Sala terá lugar no CIFP A Farixa en Ourense, o día 11 de setembro ás 10.00 horas. d) Na modalidade de Baloncesto terá lugar no IES Fermín Bouza Brey en Vilagarcía de Arousa, o día 12 de setembro ás 10.00 horas. e) Na modalidade de Atletismo terá lugar no IES Nosa Señora dos Ollos Grandes en Lugo, o día 18 de setembro ás 10.00 horas. f) Na modalidade de Hípica terá lugar no centro autorizado CEMAR en Mondariz-Balneario, o día 19 de setembro ás 10.00 horas....

Cursos de Lingua Inglesa no Campus de Pontevedra...

Cursos de Lingua Inglesa no Campus de Pontevedra
Aberto o prazo de matrícula para os cursos de verán 2017 no Campus de Pontevedra ·        CURSO INTENSIVO INGLÉS B1- XULLO Impartido na Escola de Enxeñaría Forestal 80 horas Calendario: 3 ao 28 xullo  (exame incluído) Horario: 9:30 -14:00 h ·        CURSO INTENSIVO INGLÉS B2- XULLO Impartido na Escola de Enxeñaría Forestal 80 horas Calendario: 3 ao 28 xullo  (exame incluído) Horario: 9:30 -14:00 h Matrícula : http://centrodelinguas.fundacionuvigo.es  Informa : Centro de Linguas. Facultade de Filoloxía e Tradución Telf.: 986812250 E-mail: auxcdl@uvigo.es Web: cdl.uvigo.es         Gracias y un saludo,   Nieves Uriz Centro de Linguas Facultade de Filoloxía e Tradución Telf.: 986812250 E-mail: auxcdl@uvigo.es Web: cdl.uvigo.es Comparte en...

Cursos informática e novas tecnoloxías

Cursos informática e novas tecnoloxías
Organiza : Rede CeMIT   aulas públicas dotadas de acceso a Internet distribuídas por toda a xeografía galega. Na cidade de Pontevedra a Aula Cemit está ubicada no edificio administrativo da Deputación de Pontevedra Avd. Montero Rios s/n. Pontevedra Tel. 986 80 41 00 Os cursos son gratuitos . Para solicitalos tes que darte de alta como usuario/a en  http://www.cemit.xunta.es Correo Electrónico – Datas: 05/06/2017 ao 09/06/2017 – Horario: 10:00 a 12:00 – Descrición: curso para aprender a manexar o correo electrónico co correo de gmail – Reservas: https://cemit.xunta.gal/gl/actividade/21155 * Creación de páxinas web ou blogs utilizando WordPress – Datas: 30/05/2017 ao 9/06/2017 excepto os días 1 e 2 – Horario: 16:00 a 18:00 – Descripción: aprender a instalar WordPress e crear tanto unha páxina como un blog en WordPress – Reservas: https://cemit.xunta.gal/gl/actividade/21154  * Google Drive. Aprende a utilizar a Nube – Datas: 12/06/2017 ao 16/06/2017 – Horario: 10:00 a 12:00 – Descrición. A nube permite tanto almacenar os nosos datos nun lugar accesible, como poder executar aplicacións dende a nube. – Reservas: https://cemit.xunta.gal/gl/actividade/21156  * LibreOffice Calc II – Datas: 12/06/2017 ao 19/06/2017 – Horario: 16:00 a 18:00 – Descrición: Continuación do curso da folla de cálculo realizado durante o mes de maio – Reservas: https://cemit.xunta.gal/gl/actividade/21157  * Redes Sociais – Fechas: 19/06/2017 ao 23/06/2017 – Horario: 10:00 a 12:00 – Descrición: coñecer algunhas das principais Redes Sociais, como Facebook  e Twitter. – Reservas: https://cemit.xunta.gal/gl/actividade/21160  * LibreOffice Base – Fechas: 20/06/2017 al 20/06/2017 – Horario: 16:00 a 18:00 – Descripción: é o programa da suite ofimática Libreoffice destinado a manexar unha base de datos. – Reservas: https://cemit.xunta.gal/gl/actividade/21161  * Fai máis seguro o teu ordenador e teus datos – Datas: 26/06/2017 ao 30/06/2017 – Horario: 10:00 a 12:00 – Descrición:  Copias de seguridade, antivirus, cortafogos, …. – Reservas: https://cemit.xunta.gal/gl/actividade/21162 Comparte en...

Curso de Monitor/a de tempo libre en réxime de campamento...

Curso de Monitor/a de tempo libre en réxime de campamento
  Obxectivo: Formar persoas capaces de realizar actividades socio-culturais e recreativas para a xuventude en tempo libre, ben sexa no medio urbano como no  medio natural. Destinatarios/as:  interesados/as  na formación a través do tempo libre, membros de asociacións e colectivos, educadores en xeral. Requisitos: Ser maior de idade e Graduado ESO Datas: do 8 ó 27 de xullo de 2017 Lugar: Centro de Educación medio-ambiental “O Marco do Castelo” (Sta. Mª de Oia-Pontevedra) Prezo: 420 euros con Carné Xove. 390 € se te apuntas cun amigo/a  ou tes titulo de  familia numerosa. 370€  se estás no paro.365 € se fas un único pago antes do 31 de maio. (Inclúe: alimentación; material comunitario, de actividades, documentación, formadores; aloxamento en tendas de campaña, servizos e duchas de auga quente; transporte dende Vigo  ida e volta; seguemento das prácticas e asesoramento na elaboración da memoria,tramitación do título; seguro de R.C.). Informa e inscribe: Escola oficial de Tempo Libre  “Fervenza” Tel: 606-321 636  http://www.escolafervenza.es correo: secretario@escolafervenza.es   Comparte en...

Curso de Animación e Estimulación Xerontolóxica...

Curso de Animación e Estimulación Xerontolóxica
Dirixido a persoas maiores de 18 anos,  interesados/as en realizar voluntariado no programa de maiores de Cruz Vermella en Pontevedra Datas: 19 a 23 de xuño Horario: de 16 a 20 h. Informa e inscribe: Cruz Vermella Pontevedra. r/ Cruz Vermella, 26. Pontevedra Tel. 986 85 21 15 ext. 61644 pontevedra@cruzroja.es     Comparte en...

Cursos Monitor/a Tempo Libre

Cursos Monitor/a Tempo Libre
Cursos oficiais de monitor/a de tempo libre en Pontevedra e Vigo durante o verán. Os cursos inclúen o título de manipulador/a de alimentos. Consulta as datas e horarios das diferentes convocatorias e  os seus prezos e descontos. Informa e inscribe: Escola de Tiempo Libre Aika r/ Gorgullón 42, baixo. 36003 PONTEVEDRA tel.: 986 84 84 86 etlpontevedra@aikaformacion.com www.aikaformacion.com Comparte en...

Curso de Animación hospitalaria infantil...

Curso de Animación hospitalaria infantil
Convoca: Cruz Vermella Pontevedra Destinatarios/as: mozxs de 16 a 30 anos interesados en realizar voluntariado con nenos/as hospitalizados en Pontevedra Datas: 12,13,19 e 20 de xuño Horario: 16 a  21 h. Lugar: Cruz Vermella Pontevedra. r/ Cruz Vermella 26 .Pontevedra tel. 986 852115, ext. 61433-61434 pontevedra@cruzroja.es Comparte en...

« Entradas antigas