content top

Queres participar na 13ª edición do Play-Doc ?...

Queres participar na 13ª edición do Play-Doc ?
Play-Doc é un Festival Internacional de Documentais que se desenvolve cada ano en Tui É un festival independente cuxos principais obxectivos son achegar ao público un cinema esencial e de difícil acceso, e xerar espazos para o diálogo e o intercambio. Cada ano, Play-Doc ofrece unha coidada selección das últimas tendencias do cinema de non ficción a unha audiencia aberta, heteroxénea e numerosa. A convocatoria para participar na 13ª edición de Play-Doc, que terá lugar en Tui do 22 ao 26 de marzo de 2017, permanecerá aberta ata o 15 de xaneiro de 2017. Todos os filmes inscritos a preselección non deberán ter sido estrenadas antes de xaneiro de 2016. Todos os filmes inscritos a preselección serán considerados tanto para as categorías a competición como para as non competitivas. Será a dirección artística do festival a que realice a selección avaliando cada filme en base á súa calidade e creatividade. As películas seleccionadas a competición optarán a un premio en metálico. A inscrición deberá facerse online a través da páxina web www.play-doc.com        Comparte en...

Concurso de deseño gráfico para cartel Dia Internacional das Mulleres...

Concurso de deseño gráfico para cartel Dia Internacional das Mulleres
Concurso de deseño gráfico para a realización do cartel conmemorativo do Día Internacional das Mulleres, 8 de marzo Organiza: Instituto de la Mujer Poderán participar no concurso as/os estudiantes matriculadas/os no curso 2016/2017 en Centros Formativos nas áreas: deseño gráfico, publicidade, comunicación audiovisual e belas artes. Premios: un primer premio dotado de 3.500 € e  dous ACCESITS de 600€ cada uno. Prazo : ata o 9 de xaneiro de 2017 ás 15 h. Informa: http://www.injuve.es/convocatorias/premios/concurso-de-diseno-grafico-cartel-8-de-marzo-de-2017?platform=hootsuite#sthash.t7Uhqczv.dpuf Comparte en...

Os Premios “Ernestina Otero” xa teñen gañadoras/es...

Os Premios “Ernestina Otero” xa teñen gañadoras/es
Os premios promovidos polo Concello de Pontevedra a través da concellaría de Igualdade co fin de incorporar a perspectiva de xénero nos traballos de fin de grao e máster  do alumnado das universidades galegas. Na categoría Traballos de Fin de Grao: O impacto da Coeducación no desenvolvemento persoal. Autora: Tamara Fernández Amosa Un traballo que aporta unha boa metodoloxía e unha boa proposta de intervención partindo dun diagnóstico inicial. Existe ademais unha autoavaliación na que se recollen propostas de mellora nun campo tan prioritario de traballo como é o educativo. A Educación Afectivo-Sexual en persoas con diversidade funcional e intelectual. Autora: Bárbara Penas Rey Pola súa valentía no tema que trata poñendo o foco nunca realidade que normalmente se agacha. Visibilizando unha realidade que nos se quere ver e dando voz ás e os protagonistas fomentando a súa autonomía. Escola de Igualdade: Proxecto de formación en igualdade de xénero para o monitorado de “Noites Abertas”. Autor: Ignacio Márquez Collazos Un traballo práctico que avalía unha experiencia que xa está en marcha propoñendo vías de mellora. Metodoloxicamente utiliza o esquema Investigación-Acción-Participación dando voz as/os participantes. Na categoría Traballos de Fin de Máster As bruxas non me dan medo (o que me dá medo son os fillos de puta). O concepto“bruxa” na creación audiovisual contemporánea. Autora: Rebeca López Villar Partindo dun estereotipo aborda a bruxa como concepto, desmitificándoo e deconstruíndo o imaxinario existente para resignificalo dende unha óptica feminista. O traballo conta con contido audiovisual o que o dota dunha parte practica moi interesante para o traballo posterior. Pon de manifesto a importancia da obra artística para a difusión das mensaxes. Os traballos presentados tiñan que estar defendidos ao longo do curso 2015-2016 e súa temática tiña necesariamente que estar vencellada ao “fomento da igualdade entre homes e mulleres, facilitando a sensibilización e a participación de toda a cidadanía”.O luns 28 de novembro na Casa da Luz ( praza da Verdura) as persoas premiadas recibirán, ademais da achega económica, un diploma de mención pola presentación do seu traballo Comparte en...

VI Concurso de Fotografía “A túa visión da Ciencia”...

VI Concurso de Fotografía “A túa visión da Ciencia”
O tema das fotografías do certame será a ciencia e a tecnoloxía, co fin de fomentar a creatividade científico-artística dos estudantes e o público en xeral, mostrando a imaxe como ferramenta de traballo. Dentro da temática citada englóbanse posibilidades moi diversas como a ciencia en xeral, astronomía, alimentación, investigación, flora e fauna, clima, medioambiente, industria, comercio, transporte, etc. Poderase presentar un máximo de 2 obras por autor. Os traballos han de ser orixinais e inéditos, non sendo presentados noutros concursos e estar libres de dereitos que poidan corresponder a terceiros. As obras deberanse presentar en formato dixital, preferentemente jpg, e recoméndase: tamaño de arquivo de entre 1 e 6 MBs. Resolución non inferior a 200 ppp (puntos por pulgada). As obras presentadas poderán estar realizadas con técnica libre e irán acompañadas dun título e un breve texto explicativo obrigatorios, en castelán, referente á obtención, contido, técnicas empregadas e manipulación da fotografía. En ningún caso o texto explicativo ou o título poderán permitir a identificación do autor. Dúas categorías: 1ª categoría: Aberta. Premio de 500 € 2ª categoría: Alumnos/as de 3er ciclo de primaria, ESO, Bacharelato e ciclos formativos de Formación Profesional. Os participantes na 2ª categoría deberán ser menores de 18 anos. Premio:vale de 200 € en material escolar. Prazo: As obras poderán presentarse ata o 11 de decembro de 2016 por correo electrónico á dirección concursociencia@unedbarbastro.es achegando ademais os datos persoais do autor: nome, apelidos, DNI/NIF, data de nacemento, dirección postal, correo electrónico e teléfono de contacto. Máis información https://www.unedbarbastro.es/Default.aspx?id_servicio=22&idUnico_8=24196 Comparte en...

Concurso de Fotografía “Dille NON a violencia de xénero”...

Concurso de Fotografía  “Dille NON a violencia de xénero”
Convoca: Concello de Cotobade Participantes :  mozxs de 12 a 18 anos Requisitos:  en formato JPG e poden ser en cor ou en branco e negro. Cada foto debe cumprir os principios de respecto e igualdade e  levar un slogan relacionado co tema do concurso en língua galega. Os/as  participantes deben xuntar outro arquivo en formato pdf con: – Nome.- Enderezo.- Teléfono- Idade Prazo de presentación ata o día 11 de novembro 2016 as 14 h. Forma de envio:   a través do enderezo electrónico do departamento de Cultura do Concello de Cotobade  cultura@concellodecotobade.org Premio: unha tablet valorada en 150  €  e a foto gañadora será a imaxe da campaña sobre a prevención da violencia de xénero elaborado polo Concello de Cotobade. Comparte en...

Concurso Universitario de Fotografía e Video Prevención Condutas Adictivas...

Concurso Universitario de Fotografía e Video  Prevención Condutas Adictivas
  AMPLÍASE O PRAZO DE PRESENTACIÓN DO CONCURSO DE FOTOGRAFÍA E VIDEO DE PREVENCIÓN DE CONDUTAS ADICTIVAS ATA O 21 DE OUTUBRO DE 2016. Aproveitar o talento dos nosos universitarios e implicar aos mozos e mozas na loita contra as condutas adictivas, é o dobre obxectivo que hai detrás do Concurso Universitario de Fotografía e Curtametraxe de Prevención de Condutas Adictivas que convoca a Concellería de Benestar Social Municipal (BSM) en colaboración coa Universidade de Vigo e a Consellería de Sanidade. O Plan municipal de prevención de condutas adictivas acumula un percorrido de 20 anos e engade agora a comunidade universitaria entre os seus obxectivos. “Que mellor que sexan eles mesmos os que aporten ideas na súa linguaxe, impactantes que podan servir de base para campañas de sensibilización e prevención do consumo de sustancias adictivas”, apunta a concelleira de Benestar Social, Carme Fouces. Ao seu carón o vicerreitor do campus de Pontevedra, Juan Manuel Corbacho, quen enmarca o concurso na estreita relación que manteñen a Universidade e o Concello e que, como moitas outras veces, ten unha interesante compoñente multidisciplinar. Bases concurso fotografía e vídeo para a Universidade Formulario concurso, folla de inscrición Comparte en...

XIII edición do Concurso de Fotografía de Viaxes “Viaxarte”...

XIII edición do Concurso de Fotografía de Viaxes “Viaxarte”
Se tes entre 15 e 30 anos, envia as mellores fotografías das túas viaxes, e poderás gañar unha fantástica viaxe a unha capital europea. Todas as fotografías deberán estar relacionadas co tema de experiencias viaxeiras. Todas as fotografías presentadas que cumpran as bases participarán nunha exposición que se realizará no mes de outubro na sala Plataforma14 do Fórum Metropolitano; e as fotografías gañadoras, xunto cunha selección das presentadas , serán editadas nun catálogo. O prazo de admisión  de orixinais manterase aberto do 1 de xullo ao 2 de setembro de 2016  ás 13:00 horas. Consulta as bases completas en   www.coruna.es/viaxarte Máis Información: Óscar Castro Centro Municipal de Información Xuvenil do Concello da Coruña (CMIX) Fórum Metropolitano R/ Río Monelos, 1. 15006- A Coruña Tel.: 981 184 294 www.coruna.es/cmix Comparte en...

XXIX Certame Mozos Investigadores

XXIX Certame Mozos Investigadores
O Instituto da Xuventude (INJUVE) convoca os premios do XXIX Certame “Mozos Investigadores” para 2016, dirixido a estudantes de ESO, Bacharelato e Formación Profesional e membros de asociacións xuvenís. A finalidade deste certame é promover a investigación nos centros docentes e/ou asociacións xuvenís mediante a concesión de premios a traballos de investigación básica ou aplicada ou de deseño de prototipos, relacionados con calquera das áreas do currículo do Ensino Secundario Obrigatorio, o Bacharelato e a Formación Profesional. Requisitos: Poderán tomar parte neste Certame, de forma individual ou colectiva, ata un máximo de 3 persoas, mozas de nacionalidade española e todos aqueles mozos cidadáns legalmente establecidos en España, que cumprisen 15 anos antes do 31 de decembro de 2016 e que non cumprisen 20 anos ao 30 de setembro de 2016. Poderá ampliarse a idade, no caso de que os participantes sexan persoas con discapacidade. Premios: 1 premio Especial do Certame Novos Investigadores de 5.000 € 8 primeiros premios de 4.000 € cada un 10 segundos premios de 3.000 € cada un 9 terceiros premios de 2.000 € cada un 10 accésit de 1.000 € cada un 1 Premio á memoria mellor avaliada polo CSIC de 3.000 € Ata 3 premios para representar a España no Certame Europeo de Mozos Investigadores 1 premio especial dotado pola Universidade Politécnica de Madrid, de 4.000 € 1 premio especial dotado pola Universidade de Málaga 1 premio especial Alan Turing, dotado pola Sociedade Científica Informática de España e a Conferencia de Decanos e Directores de Enxeñería Informática de España 1 estancia financiada pola Fundación ONCE 8 estancias en centros de investigación do CSIC, dotadas polo CSIC 1 estancia financiada pola Real Sociedade Española de Física Mención de Honra a profesor coordinador cuxa labor de fomento e impulso da investigación entre os mozos fose apreciada como especialmente destacable polo xurado Mención de Honra a centro docente ou asociación cuxa labor fose especialmente destacable no fomento da cultura científica, tecnolóxica e investigadora no ámbito da mocidade. Mención de Honra, a persoa ou institución destacada nos labores de fomento da cultura científica, tecnolóxica e investigadora no ámbito da mocidade. As solicitudes poderanse cumprir mediante o formulario de inscrición correspondente que será accesible por vía telemática a través da páxina web do INJUVE http://www.injuve.es/ O prazo para a presentación será ata o 30 de maio de 2016. Máis...

« Entradas antigas Entradas novas »