content top

Prácticas remuneradas na Comisión Europea...

Prácticas remuneradas na Comisión Europea
A Comisión Europea oferta ao redor de 1.300 prazas remuneradas para realizar prácticas na Comisión Europea (ou algún dos seus corpos executivos e axencias) entre outubro de 2017 e febreiro de 2018 cunha duración de cinco meses cada unha. Dotación: 1.120 € mensuais máis rembolso de gastos de viaxe Requisitos: Titulación  universitaria minima de tres anos de duración Moi bo coñecemento de inglés, francés ou alemán (Nivel C1/C2 acorde ao Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas). Moi bo coñecemento dunha segunda lingua oficial da Unión Europea. O prazo presentacion solicitudes aberto ata o 31 de xaneiro de 2017. Informa: http://ec.europa.eu/stages/ Twitter: @EU_Commission Comparte en...

Axudas para máster universitario en Galicia...

Axudas para máster universitario en Galicia
A Consellería de Educación convoca axudas para a matrícula nun máster universitario oficial, destinadas a titulados/as universitarios/as en situación de desemprego, para o curso 2016/17. Requisitos: a) Estar en posesión dun título universitario, expedido con anterioridade ao 1 de xaneiro de 2013, que lle dea acceso aos estudos de máster universitario. b) Estar matriculado/a no curso 2015/16 nun máster universitario oficial ofertado polas universidades do Sistema universitario de Galicia, dun mínimo de 60 créditos. c) Residir na Comunidade Autónoma de Galicia como mínimo nos tres últimos anos anteriores á data da publicación desta convocatoria. d) Estar inscrito/a como demandante de emprego, como mínimo, durante un período de 180 días no ano inmediatamente anterior contado de data a data desde a data de presentación da solicitude. Contía da axuda: A contía da bolsa cubrirá o importe correspondente a 60 créditos de primeira matrícula do máster universitario. O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 16 de outubro de 2016 As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento ED421A Máis información no DOG do 15 de setembro de 2016 e en orientacion.sug@edu.xunta.es http://www.edu.xunta.es/ Comparte en...

Axudas para a realización de estudos universitarios en Galicia...

Axudas para a realización de estudos universitarios en Galicia
  A Consellería de Educación convoca axudas destinadas a financiar os gastos da matrícula universitaria dos alumnado que inicie estudos universitarios no curso 2016/17 no Sistema universitario de Galicia conducentes á obtención dun título oficial de grao. Importes das axudas: A dotación asignada a cada beneficiario/a será a do importe total da matrícula, incluídas as taxas de apertura de expediente e a expedición e mantemento de tarxeta de identidade, que será dun máximo de 862,90 euros para as titulacións encadradas dentro da rama de Ciencias, Ciencias da Saúde e Enxeñaría e Arquitectura e dun máximo de 618,10 euros para as titulacións encadradas dentro da rama de Artes e Humanidades e Ciencias Sociais e Xurídicas Requisitos académicos Acreditar unha cualificación nas probas de acceso á universidade (PAU) ou noutras ensinanzas que lle permita o acceso cunha nota media igual ou superior a 5 puntos e inferior a 5,5 puntos, excluíndo a fase específica. Estar matriculado por primeira vez en primeiro curso nunha universidade do Sistema universitario de Galicia no curso académico 2016/17 dun mínimo de 60 créditos en ensinanzas conducentes á obtención dun título oficial de grao. Non estar en posesión dunha titulación universitaria do mesmo nivel ou superior ao correspondente aos estudos para os cales solicita a axuda. Requisitos de carácter económico: Que a renda da unidade familiar non supere os seguintes limiares: • Familias de 1 membro: 14.112,00 euros. • Familias de 2 membros: 24.089,00 euros. • Familias de 3 membros: 32.697,00 euros. • Familias de 4 membros: 38.831,00 euros. • Familias de 5 membros: 43.402,00 euros. • Familias de 6 membros: 46.853,00 euros. • Familias de 7 membros: 50.267,00 euros. • Familias de 8 membros: 53.665,00 euros. A partir do oitavo membro engadiranse 3.391,00 euros por cada novo membro computable da familia. O prazo para solicitar estas axudas estará aberto ata o 4 de novembro de 2016. As solicitudes poden tramitarse en http://sede.xunta.es co procedemento ED441C Máis información no DOG do 4 de outubro de 2016 e en www.edu.xunta.es Comparte en...

Bolsas do Ministerio de Educación para estudos posobrigatorios...

Bolsas do Ministerio de Educación para estudos posobrigatorios
Curso académico 2016-2017 O Ministerio de Educación, Cultura e Deporte convoca bolsas para estudantes que no curso académico 2016-2017 cursen ensinanzas posobrigatorias con validez en todo o territorio nacional.  1.- Ensinanzas posobrigatorias e ensinanzas superiores non universitarias: a) Primeiro e segundo cursos de Bacharelato. b) Formación Profesional de grao medio e de grao superior. c) Ensinanzas artísticas profesionais. d) Ensinanzas deportivas. e) Ensinanzas artísticas superiores. f) Estudos relixiosos superiores. g) Estudos militares superiores. h) Estudos de idiomas en Escolas Oficias de titularidade das administracións educativas, incluída a modalidade a distancia. i) Cursos de acceso e cursos de preparación para as probas de acceso á Formación Profesional impartidos en centros públicos e en centros privados concertados que teñan autorizadas estas ensinanzas. j) Formación Profesional básica. 2.- Ensinanzas universitarias: a) Ensinanzas universitarias adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior conducentes a títulos oficiais de Grao e de Máster. b) Ensinanzas universitarias conducentes aos títulos oficiais de Licenciado, Enxeñeiro, Arquitecto, Diplomado, Mestre, Enxeñeiro Técnico e Arquitecto Técnico. c) Curso de preparación para acceso á universidade de maiores de 25 anos impartido por universidades públicas. d) Complementos de formación para acceso ou obtención do título de Máster e créditos complementarios para a obtención do título de Grao ou para proseguir estudos oficiais de licenciatura. Non se inclúen nesta convocatoria as bolsas para a realización de estudos correspondentes ao terceiro ciclo ou doutoramento, estudos de especialización nin títulos propios das universidades.  Presentación de solicitudes: A solicitude deberase cumprimentar mediante o formulario accesible por vía telemática na sede electrónica do Ministerio no enderezo https://sede.educacion.gob.es/ Información para estudos NON UNIVERSITARIOS Información para estudos UNIVERSITARIOS  Prazo de presentación: 3 de outubro para estudos non universitarios 17 de outubro para estudos universitarios Acceso á convocatoria no BOE num. 195, de 13 de agosto de 2016. Comparte en...

Programa Aprol-economía social de Garantía Xuvenil...

Programa Aprol-economía social de Garantía Xuvenil
A Consellería de Economía, Emprego e Industria convoca subvencións para o fomento do emprendemento en economía social (Programa Aprol-economía social), cofinanciadas parcialmente con cargo ao Programa operativo do Fondo Social Europeo e ao Programa operativo de emprego xuvenil Establécense os seguintes programas de axudas: a) Programa I: fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais (procedemento TR802G). Prazo: 27 de agosto. b) Programa II: fomento do acceso á condición de persoa socia (procedemento TR802J). Prazo: 27 de agosto. c) Programa III: fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais para persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil (procedemento TR807G). d) Programa IV: fomento do emprendemento colectivo, para persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil (procedemento TR807H). e) Programa V: impulso de proxectos empresariais colectivos (procedemento TR807D). Prazo: 27 de agosto. f) Programa VI: intercooperación e integración cooperativa (procedemento TR807F). Prazo: 27 de agosto. Programa III: fomento do emprego en cooperativas e sociedades laborais para persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil. Entidades beneficiarias As cooperativas e as sociedades laborais que incorporen mozos ou mozas inscritos no Sistema nacional de garantía xuvenil como persoas socias traballadoras ou de traballo, con carácter indefinido ou a proba. Contía Por cada persoa que se incorpore con carácter indefinido a xornada completa: – Con carácter xeral: 12.000 €. – Se a persoa incorporada é unha muller: 13.500 €. – No caso de persoas con discapacidade ou en situación ou risco de exclusión social: 15.000 €. Por cada persoa incorporada como socia traballadora ou de traballo a proba a xornada completa: 600 € ao mes, por un período de entre 6 e 12 meses. As contías anteriores incrementaranse nun 15 %, no caso de que o centro de traballo a que se incorpora a persoa socia estea situado nun concello rural, e nun 25 %, se se trata dunha cooperativa xuvenil. Prazo: ata o 30 de setembro de 2016 Programa IV:  fomento do emprendemento colectivo, para persoas mozas inscritas no Sistema nacional de garantía xuvenil. Persoas beneficiarias:  mozas e mozos inscritos no Sistema nacional de garantía xuvenil en Galicia que emprendan unha actividade por conta propia e se incorporen a unha cooperativa en condición de socios, con compromiso de exclusividade para comercializar os seus produtos, obter subministracións, servizos e a asistencia técnica que precisen. Contía Con carácter xeral: 8.000...

Prazas para persoas colaboradoras bolseiras nas residencias xuvenís da Consellería de Politica Social...

Prazas para persoas colaboradoras bolseiras nas residencias xuvenís da Consellería de Politica Social
A Dirección xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado convoca prazas de persoas colaboradoras – bolseiras para as residencias xuvenís dependentes da Consellería de Política Social para o curso 2016/2017 Número de prazas: 15 Cidade Residencia Prazas Lugo Centro Residencial Xuvenil “LUG” 4     Home/muller Ourense Florentino L. Cuevillas 5     Home/muller Vigo Altamar 6     Home/muller   Requisitos das persoas solicitantes: a) Posuír nacionalidade española ou ser nacional dun país membro da Unión Europea, ou ser estranxeiro/a residente en España no momento da solicitude de praza. b) Ter unha idade mínima de 18 anos e menos de 30 na data do 31 de decembro do ano en curso. c) Estar cursando estudos universitarios nunha facultade ou escola universitaria, estudos superiores en ensinanzas artísticas ou ciclo formativo de grao superior, que admitan polo seu contido e saídas profesionais, a formación e a práctica a través de calquera das tarefas que se poden desenvolver nunha residencia xuvenil. d) Non ter perdido con anterioridade a condición de colaborador/a por causa imputable á persoa solicitante. e) Non padecer defecto físico ou psíquico que impida o desenvolvemento normal da actividade no centro. f) Ter unha renda media familiar que non supere o 150 % do IPREM* do ano en curso. Solicitudes 1. Onde? A solicitude, xunto coa restante documentación, deberá presentarse preferentemente por medios electrónicos na sede electrónica da Xunta dende a páxina https://sede.xunta.es co procedemento BS303C Para a presentación das solicitudes  poderá empregarse calquera dos certificados electrónicos recoñecidos pola sede electrónica da Xunta de Galicia ou o sistema de  identificación con usuario e clave Chave365 (https://sede.xunta.es/chave365). Alternativamente, tamén se poderán presentar en soporte papel. No caso de remitirse por correo deberá levar o selo de correos na primeira folla. Modelo de solicitude 2. Cando remata o prazo? O prazo é de 1 mes: dende o 14 de xullo ata o 13 de agosto de 2016. 3. Que documentación cómpre presentar? A documentación varía segundo as condicións de cada persoa solicitante. Ver convocatoria, artigo 4. Dereitos das persoas colaboradoras-bolseiras Aloxamento e mantenza gratuítos na residencia xuvenil durante o seu período ordinario de funcionamento (de setembro a xullo). Durante as vacacións académicas de Nadal e Semana Santa, non se ofrecerán os servizos de mantenza nin aloxamento, se ben se reservará ás persoas residentes o dereito á tenza de enxoval nos cuartos. As fins de semana e festivos non...

Bolsas en cooperación internacional para o desenvolvemento...

Bolsas en cooperación internacional para o desenvolvemento
A Xunta de Galicia convoca seis bolsas para a formación de expertos/as en cooperación internacional para o desenvolvemento. Os destinos das bolsas serán en Santiago de Compostela, na sede da Dirección Xeral de Relacións Exteriores e coa Unión Europea ou no exterior, nas unidades de cooperación no exterior (UCE) da Axencia Española de Cooperación Internacional para o Desenvolvemento. Requisitos: a) Ter veciñanza administrativa en Galicia. b) Nacer o 1 de xaneiro de 1985 ou con posterioridade a esa data. c) Estar en posesión dun título universitario de licenciado/a, diplomado/a, grao ou equivalente ou acreditar o pagamento dos dereitos para a súa expedición, ao remate do prazo de presentación de solicitudes. O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 25 de xuño de 2016 As solicitudes poden tramitarse en https://sede.xunta.es co procedemento PR809A Máis información no DOG do 25 de maio de 2016 e en http://www.cooperaciongalega.org/ Comparte en...

Galeuropa 2016 : prácticas formativas en Europa...

Galeuropa 2016 : prácticas formativas en Europa
Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado da Xunta de Galicia,  convoca o programa de mobilidade transnacional Galeuropa 2016 para realización de prácticas formativas non retribuídas en empresas/entidades públicas ou privadas de países europeos: Alemaña, Austria, Bélxica, Bulgaria, Chipre, Croacia, Dinamarca, Eslovaquia, Eslovenia, Estonia, Finlandia, Francia, Grecia, Hungría, Irlanda, Islandia, Italia, Letonia, Liechtenstein, Lituania, Luxemburgo, Malta, Noruega, P. Baixos, Polonia, Portugal, *Azores, *Madeira, R. Checa, R. Unido, Romanía, Suecia, Turquía DURACIÓN DAS PRÁCTICAS FORMATIVAS:  mínimo de 2 meses e máximo 4 meses consecutivos. Rematará en todo caso o 20 de novembro de 2016.   Mínimo de 100 horas mensuais. QUEN PODE REALIZAR A MOBILIDADE TRANSNACIONAL? A mocidade non ocupada e non integrada nos sistemas de educación ou formación, inscrita no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (SNGX) no ámbito da Comunidade Autónoma de Galicia, que manteña todos os requisitos de inscrición no momento da selección, agás o de idade. Requisitos de inscrición no ficheiro do SNGX: – Ter máis de 16 anos e menos de 30 no momento de solicitar a inscrición do ficheiro – Non ter traballado nos trinta días naturais anteriores ao momento de recibir a actuación. – Non ter recibido accións educativas que comporten máis de corenta horas mensuais nos noventa días naturais anteriores ao momento de recibir a actuación. No caso de ter finalizada a participación no sistema educativo serán corenta horas mensuais nos trinta días naturais anteriores. – Non ter recibido accións formativas que comporten máis de corenta horas mensuais nos trinta días naturais anteriores ao momento de recibir a actuación. Para inscribirse no SNGX: http://garantiaxuvenil.xunta.es FINANCIACIÓN: Axudas cofinanciadas pola Iniciativa de Emprego Xuvenil e polo Fondo Social Europeo nunha porcentaxe do 91,89%.  INFORMACIÓN: www.xuventude.net 981 544 645, 981544854, 981 541688 – mozos/as galeuropain-garantiaxuvenil@xunta.es – entidades sen ánimo de lucro e concellos galeuropapr-garantiaxuvenil@xunta.es  Texto completo  da convocatoria no DOG do 8 de abril de 2016 Comparte en...

« Entradas antigas Entradas novas »