content top

Galeuropa: Prácticas formativas en Italia, Chipre e Portugal...

Galeuropa: Prácticas formativas en Italia, Chipre e Portugal
O Programa Galeuropa é un programa de mobilidade transnacional xuvenil, cofinanciado polo Fondo Social Europeo e Iniciativa de Emprego Xuvenil, coa finalidade da realización de prácticas formativas non retribuídas en empresas/entidades públicas ou privadas de países europeos e máis concretamente en: Portugal (Lisboa), Chipre (Limassol) e Italia (Brescia). QUE CUSTOS CUBRE A AXUDA? – Viaxe (gastos viaxe de ida e volta da persoa participante se gundo o país de destino). – Aloxamento e manutención (custos/mes/día para cada participante segundo o país de destino). – Apoio lingüístico. DURACIÓN DAS PRÁCTICAS FORMATIVAS 3 meses a partir do 1 de setembro (Setembro, Outubro e Novembro). 120h mensuais. QUEN PODE REALIZAR A MOBILIDADE TRANSNACIONAL? A mocidade galega non ocupada e non integrada nos sistemas de educación ou formación, inscrita no ficheiro do Sistema Nacional de Garantía Xuvenil (SNGX) no ámbito da Comunicade Autónoma de Galicia. A inscrición no SNGX pode realizarse se cumpres os  seguintes requisitos: – Ter entre 18 e 29 anos (incluídos). – Non ter participado con anterioridade en ningún programa Galeuropa. – Non ter traballado no día natural anterior ao momento de recibir a actuación. – Non ter recibido accións educativas no día natural anterior ao momento de recibir a actuación. – Non ter recibido accións formativas no día natural anterior ao momento de recibir a actuación. INFORMACIÓN Nos correos electrónicos galeuropa@amigosdaterra.net ou info@amigosdaterra.net ou no teléfono: 988 374 318 Comparte en...

Subvencións a Asociacións Xuvenís de ámbito estatal...

Subvencións a Asociacións Xuvenís de ámbito estatal
Convoca : Instituto da Mocidade INJUVE Descrición: subvencións para o mantemento, funcionamento e equipamento de asociacións xuvenís, organizacións xuvenís e entidades prestadoras de servizos á mocidade de ámbito estatal. Prazo para presentar solicitudes ata o 10 de xullo de 2017 Máis información no BOE do 12 de xuño de 2017 e en http://www.injuve.es   Comparte en...

Galeuropa 2017, programa de prácticas formativas en europa...

Galeuropa 2017, programa de prácticas formativas en europa
Convoca :  Xunta de Galicia ( Dirección Xeral de Xuventude, Participación e Voluntariado) Son axudas dirixidas a  mozxs de 18 a 30 anos para realizar prácticas formativas non remuneradas en entidades/empresas públicas ou privadas en países europeos de mínimo 2 meses e máximo de tres É requisito estar inscrito/a no sistema de Garantia Xuvenil O prazo para presentar solicitudes ata o 15 de xuño de 2017 Máis información no DOG do 15 de maio de 2017 e en Programas Europeos Comparte en...

Axudas a proxectos xuvenís, programa Iniciativa Xove...

Axudas a proxectos xuvenís, programa Iniciativa Xove
O programa Iniciativa Xove son axudas económicas de ata 5.000 € para proxectos xuvenís que se realizen antes do 15 de outubro de 2017 Quen pode solicitar as axudas? a) Os grupos informais de mozxs ( mínimo 5 e máximo 8 mozos/as de 18 e os 30 anos) que desexen realizar unha iniciativa xuvenil. b) As asociacións xuvenís, as entidades prestadoras de servizos á xuventude e as súas respectivas federacións, sempre que, no caso destas últimas, o proxecto que presenten non sexa o mesmo que o de cada unha das asociacións que as conforman. Neste enlace podedes ver proxectos subvencionados en edicións anteriores: http://xuventude.xunta.es/iniciativa-xove O prazo para presentar solicitudes aberto ata o 26 de maio de 2017. Información no DOG do 26 de abril de 2017 e en http://xuventude.xunta.es/iniciativa-xove Comparte en...

Charla “Iniciativa Xove ” cómo conseguir as axudas para desenvolver proxectos...

Charla “Iniciativa Xove ” cómo conseguir as  axudas para desenvolver proxectos
  Que é “Iniciativa Xove”? “Iniciativa Xove” é unha liña de axudas que cada ano convoca a Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia para que a mocidade galega desenvolva proxectos e iniciativas de interese durante o ano 2017 Quen pode solicitar as axudas? 1. Un grupo informal de mozos, é dicir, que non forman parte dunha asociación. Terá que estar formado por un mínimo de 5 e un máximo de 8 mozas ou mozos con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos no momento de presentar a solicitude e empadroados nalgún dos municipios galegos. 2.As asociacións xuvenís e as entidades que lle presten servizos á mocidade que carezan de interese de lucro, e as súas respectivas federacións, sempre que, no caso destas últimas, o proxecto que presenten non sexa o mesmo que o de cada unha das asociacións/entidades que as conforman. Será necesario que estean inscritas no censo oficial da Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia. As actividades serán planificadas e desenvolvidas por vós mesmos/as, fomentando sempre a participación, a axeitada utilización do lecer, a calidade de vida e o benestar, a través de proxectos integrais e específicos de actuación que propoñades. A axuda por proxecto  pode acadar os 5.000 €. Os proxectos presentados irán dirixidos á mocidade galega (principalmente dirixidas a mozos/as de 12 a 35 anos) e teñen que desenvolverse antes de finais do ano 2017 Explicarase aos asistentes  en qué consiste a linea de axudas “Iniciativa Xove” e que tipo de proxectos podes presentar para acadalas Inscrición previa:  Envia un correo  co teu nome completo e teléfono de contacto a: iria.erguia@rgdinamizacion.es tel. 669 303 742 DATA CHARLA :  mércores 29 de marzo HORARIO: de 19 h. a 21 h.  LUGAR: edificio municipal “Casa Azul”,  r/ Sor Lucia 2 . Pontevedra   Comparte en...

Bolsas de prácticas laborais para a Deputación e Concellos de Pontevedra 2017...

Bolsas de prácticas laborais para a Deputación e Concellos de Pontevedra 2017
Convoca : Deputación de Pontevedra Son  200 bolsas destinadas a persoas con titulación universitaria ou ciclos formativos superiores de formación profesional e sen experiencia laboral na súa titulación. A dotación económica das bolsas é de 800 euros e 700 euros respectivamente. Información e formulario en http://ow.ly/a2MP309SSzS Aberto prazo solicitude ata o sábado 1 abril 2017 Consulta as bases Anuncio BOP Informa BOP do 13 de marzo de 2017 Comparte en...

Bolsas para aprender chino mandarín en China...

Bolsas para aprender chino mandarín en China
O Programa Fundación ICO concede 25 bolsas cunha duración de 10 meses para o estudo do chinés mandarín nunha universidade chinesa: na Universidade de Pequín (www.pku.edu.cn), na University of International Business and Economics (www.uibe.edu.cn) ou na Normal Beijing University (www.bnu.edu.cn) Requisitos: Ser españois ou residentes en España. Nacer con posterioridade a 1977. Estar en posesión dun título superior. Posuír un alto nivel de inglés. Ter coñecementos previos de chinés mandarín. Gozar dunha mínima experiencia profesional. Dotación: Matrícula do curso Gastos de aloxamento en residencia universitaria ou noutros aloxamentos. Dotación de ata 1.600 euros, como axuda para o traslado desde España. Seguro médico de cobertura internacional. Achega anual de 4.600 euros para gastos persoais O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 13 de febreiro de 2017. Máis información: http://www.fundacionico.es/fileadmin/user_upload/pdfs/Bases_de_la_Convocatoria_2017-18.pdf Comparte en...

Axudas universitarios/as para cursos idiomas en verán...

Axudas universitarios/as  para cursos idiomas en verán
A Xunta de Galicia convoca 150 axudas para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea durante o verán de 2017, do alumnado universitario matriculado no curso 2016/17 nalgunha das tres universidades do Sistema universitario de Galicia ou nos centros asociados da UNED en Galicia coa finalidade de coñecer a lingua dese país. As actividades para as que se solicita a axuda terán que ser realizadas no período comprendido, única e exclusivamente, entre o 15 de xuño e o 31 de agosto de 2017, ambos inclusive. A dotación económica asignada a cada beneficiario/a será dun máximo de 900 €. Requisitos: – Estar matriculado no curso 2016/17, como mínimo en 50 créditos, incluído neles o proxecto fin de carreira, en calquera das universidades de Galicia, ou nos centros asociados da UNED en Galicia en estudos conducentes ao título de graduado, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico ou arquitecto técnico, e ter superado 60 créditos con anterioridade á data desta convocatória. – O alumnado que estea matriculado no traballo fin de grao poderá incluír os créditos que lle correspondan dentro do mínimo dos 50 créditos exixidos. – O curso de idiomas debe ter unha duración mínima de tres semanas, cun mínimo de 15 horas lectivas semanais. O idioma que se desexe cursar deberá corresponderse co idioma oficial do país elixido. O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 14 de marzo de 2017. As solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través de https://sede.xunta.es/ co procedemento ED416A Máis información no DOG do 27 de xaneiro de 2017 e en http://www.edu.xunta.es/ Comparte en...

« Entradas antigas