content top

Charla “Iniciativa Xove ” cómo conseguir as axudas para desenvolver proxectos...

Charla “Iniciativa Xove ” cómo conseguir as  axudas para desenvolver proxectos
  Que é “Iniciativa Xove”? “Iniciativa Xove” é unha liña de axudas que cada ano convoca a Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia para que a mocidade galega desenvolva proxectos e iniciativas de interese durante o ano 2017 Quen pode solicitar as axudas? 1. Un grupo informal de mozos, é dicir, que non forman parte dunha asociación. Terá que estar formado por un mínimo de 5 e un máximo de 8 mozas ou mozos con idades comprendidas entre os 18 e os 30 anos no momento de presentar a solicitude e empadroados nalgún dos municipios galegos. 2.As asociacións xuvenís e as entidades que lle presten servizos á mocidade que carezan de interese de lucro, e as súas respectivas federacións, sempre que, no caso destas últimas, o proxecto que presenten non sexa o mesmo que o de cada unha das asociacións/entidades que as conforman. Será necesario que estean inscritas no censo oficial da Dirección Xeral de Xuventude da Xunta de Galicia. As actividades serán planificadas e desenvolvidas por vós mesmos/as, fomentando sempre a participación, a axeitada utilización do lecer, a calidade de vida e o benestar, a través de proxectos integrais e específicos de actuación que propoñades. A axuda por proxecto  pode acadar os 5.000 €. Os proxectos presentados irán dirixidos á mocidade galega (principalmente dirixidas a mozos/as de 12 a 35 anos) e teñen que desenvolverse antes de finais do ano 2017 Explicarase aos asistentes  en qué consiste a linea de axudas “Iniciativa Xove” e que tipo de proxectos podes presentar para acadalas Inscrición previa:  Envia un correo  co teu nome completo e teléfono de contacto a: iria.erguia@rgdinamizacion.es tel. 669 303 742 DATA CHARLA :  mércores 29 de marzo HORARIO: de 19 h. a 21 h.  LUGAR: edificio municipal “Casa Azul”,  r/ Sor Lucia 2 . Pontevedra   Comparte en...

XVIII Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra: “O mundo que queremos”...

XVIII Salón do Libro Infantil e Xuvenil de Pontevedra: “O mundo que queremos”
Lugar: Pazo da Cultura de Pontevedra Datas : do 10 de marzo ao 2 de abril Informate da súa ampla programación  e horarios en www.salondolibro.org Comparte en...

Festival “San Patricio 2017”

Festival “San Patricio 2017”
Dende o mércores 15 de marzo ata o domingo 19 de marzo. Cervexa, gastronomía, música en directo e deporte uniranse nun evento que busca recadar fondos para os equipos de base do club de rugby pontevedrés Mareantes A carpa permanecerá aberta  en horario ininterrompido de 12:00 a 00:30 horas Organiza : club de rugby Mareantes de Pontevedra     Comparte en...

Final concurso de bandas emerxentes “Fest 2017”...

Final concurso de bandas emerxentes “Fest 2017”
Data: sábado 11 marzo Hora: de 18 a 21 h. Teatro Principal de Pontevedra ( entrada libre) As formacións musicais que participan son : Frank?, BOHR, Miguel Alberte, Onion Smile, AnodhoR, Los Puta Mierda, STOCK  e  Particle. Cada banda dispón de quince minutos para actuar e ser valorados por un xurado composto de profesionais e músicos pontevedreses.  Hai  dous premios :  1 º premio é a  gravación dun videoclip orzado en 1.000 € ( Premio do xurado) 2º  premio é actuación remunerada na festa final do programa  “Noites Abertas”  o sábado 29 de abril na praza de Curros Enríquez ( Premio do público) Durante o reconto de votos do público,  proxectarase o videoclip gañador do ano pasado de Alex Marban realizado por Producións Mutantes Tamén actuará o Coro “Vía Sete” do Local de Música de Pontevedra Comparte en...

Cine en versión orixinal subtitulada no Principal...

Cine en versión orixinal subtitulada no Principal
Pelis en VOSE,  consulta a carteleira : https://cineclubepontevedra.blogspot.com.es/ Os martes 7, 14,21 e 28 de marzo ás 20.30 h. prezo : 2 € Lugar: Teatro Principal de Pontevedra Organiza Cine Clube Pontevedra Comparte en...

“Marlango” nas matinés do Principal...

“Marlango” nas matinés do Principal
Este sábado 4 de marzo ás 12 h. no Teatro Principal Dentro do ciclo “Matinés do Principal” Prezo: 14 € anticipada e 16 € na billeteira Desconto do 50% na entrada aos menores de 14 anos Comparte en...

Programa Entroido Pontevedra 2017

Programa Entroido Pontevedra 2017
VENRES 24 DE FEBREIRO 20.00 horas. Praza da Ferraría. Degustación de filloas de Entroido 21.00 horas. Praza da Ferraría. Recepción do alcalde a Urco, rei do Entroido, quen chegará a Pontevedra acompañado do seu séquito e das comparsas Os Canecos, Amoriños de Bora, Las Flores del Carnaval, Os Solfamidas e Os Paparrulos. Lectura do pregón. SÁBADO 25 DE FEBREIRO 11.00 horas. Pasarrúas polo centro histórico da comparsa Os Canecos 16.00 horas. Rúa Eduardo Pondal. Concentración dos participantes no desfile para realizar a inscrición e recollida do número de participación. 17.00 horas. Desfile do Entroido. Saída dende a Rúa José Malvar e percorrendo as rúas Loureiro Crespo, Benito Corbal, Peregrina, Michelena, praza de España e rúa Alameda 20.00 horas. Praza da Ferraría. Celebración da festa do Entroido durante a que se fará entrega dos premios do concurso de disfraces en cada unha das modalidades. 20.00 horas. Praza da Ferrería. Celebración da festa do Entroido durante a que se fará a entrega dos premios do concurso de disfraces en cada unha das modalidades LUNS 27 DE FEBREIRO De 10.00 a 20.00 horas. III Campamento Urbano “Entroido Pirata”. Para nenas e nenos de 8 a 12 anos. Inscrición no Casino Mercantil e Industrial (praza de Curros Enríquez) teléfono: 986 851 670 17.00 horas. Praza da Verdura. Obradoiros de xogos e disfraces. 19.30 horas. Praza da Peregrina. Presentación do loro Ravachol. Recreación da botica de don Perfecto Feijoo. Actuación:Comando Foucellas. 21.00 horas. Pazo da Cultura. Primeira eliminatoria do XXVI Concurso de Murgas. MARTES 28 DE FEBREIRO De 10.00 a 20.00 horas. III Campamento Urbano “Entroido Pirata” Para nenas e nenos de 8 a 12 anos. Inscrición no Casino Mercantil e Industrial (praza de Curros Enríquez) teléfono: 986 851 670 16.30 horas. XXII Festa da Filloa, Concurso de Filloas. Actuación do mago Norberto. Organiza: Radio Voz. Promove: Concello de Pontevedra. Casa da Luz 17.00 horas. Praza da Ferraría. Festa Pirata de Entroido Infantil. Animación infantil con Rivel, e varios DJ. 22.00 horas. Noite Pirata. Desembarco da tripulación do Burla Negra no centro histórico. Amosa o teu lado pirata! Únete ao Pirata da Moureira!. Asociación Combrus e Troula.  A continuación animación de rúa coas comparsas: Os da Caña, Solfamidas, Las Flores del Carnaval, Os 100 Tolos, Os Paparrulos, Os Canecos, Amoriños de Bora, Vamos a Todo, Equipo Ja MÉRCORES 1 DE MARZO 17.00 horas. Praza da Peregrina. Obradoiro: “As Máscaras de Ravachol” 17.00 horas. Campo...

Este sábado hai Sétima Feira

Este sábado hai Sétima Feira
  O sábado 11 de febreiro, no primeiro andar da Plaza De Abastos De Pontevedra de 11:00h a 15:00h, goza da arte, música e gastronomía. Este sábado a música na feira a pon grupo pontevedrés  The Soul Breakers…. un acústico cargado de sentimento   Comparte en...

« Entradas antigas