content top
Axudas universitarios/as  para cursos idiomas en verán

Axudas universitarios/as para cursos idiomas en verán

PDF Imprimir
A Xunta de Galicia convoca 150 axudas para estadías nalgún Estado membro da Unión Europea durante o verán de 2017, do alumnado universitario matriculado no curso 2016/17 nalgunha das tres universidades do Sistema universitario de Galicia ou nos centros asociados da UNED en Galicia coa finalidade de coñecer a lingua dese país.

As actividades para as que se solicita a axuda terán que ser realizadas no período comprendido, única e exclusivamente, entre o 15 de xuño e o 31 de agosto de 2017, ambos inclusive.
A dotación económica asignada a cada beneficiario/a será dun máximo de 900 €.

Requisitos:
– Estar matriculado no curso 2016/17, como mínimo en 50 créditos, incluído neles o proxecto fin de carreira, en calquera das universidades de Galicia, ou nos centros asociados da UNED en Galicia en estudos conducentes ao título de graduado, licenciado, enxeñeiro, arquitecto, diplomado, mestre, enxeñeiro técnico ou arquitecto técnico, e ter superado 60 créditos con anterioridade á data desta convocatória.
– O alumnado que estea matriculado no traballo fin de grao poderá incluír os créditos que lle correspondan dentro do mínimo dos 50 créditos exixidos.
– O curso de idiomas debe ter unha duración mínima de tres semanas, cun mínimo de 15 horas lectivas semanais. O idioma que se desexe cursar deberá corresponderse co idioma oficial do país elixido.

O prazo para presentar solicitudes estará aberto ata o 14 de marzo de 2017.
As solicitudes realizarase obrigatoriamente por medios electrónicos a través de https://sede.xunta.es/ co procedemento ED416A
Máis información no DOG do 27 de xaneiro de 2017 e en http://www.edu.xunta.es/

Comparte en ...Share on Facebook9Tweet about this on TwitterShare on Google+0Pin on Pinterest0Share on LinkedIn0Email this to someone