content top
Axudas a proxectos xuvenís, programa Iniciativa Xove

Axudas a proxectos xuvenís, programa Iniciativa Xove

O programa Iniciativa Xove son axudas económicas de ata 5.000 € para proxectos xuvenís que se realizen antes do 15 de outubro de 2017

Quen pode solicitar as axudas?
a) Os grupos informais de mozxs ( mínimo 5 e máximo 8 mozos/as de 18 e os 30 anos) que desexen realizar unha iniciativa xuvenil.
b) As asociacións xuvenís, as entidades prestadoras de servizos á xuventude e as súas respectivas federacións, sempre que, no caso destas últimas, o proxecto que presenten non sexa o mesmo que o de cada unha das asociacións que as conforman.

Neste enlace podedes ver proxectos subvencionados en edicións anteriores: http://xuventude.xunta.es/iniciativa-xove

O prazo para presentar solicitudes aberto ata o 26 de maio de 2017.
Información no DOG do 26 de abril de 2017 e en http://xuventude.xunta.es/iniciativa-xove

Comparte en ...Share on Facebook1Tweet about this on TwitterShare on Google+0Pin on Pinterest0Share on LinkedIn0Email this to someone