content top
Amal en Ruta 17: Mostra de Cinema Euroárabe no Principal

Amal en Ruta 17: Mostra de Cinema Euroárabe no Principal

“Amal en Ruta” é un resumo da última edición da Semana de Cine Euroárabe Amal.

Consta de catro ficcións, dous documentais e unha curtametraxe que supoñen un percorrido polo mellor cine árabe de actualidade.

Esta é unha edición adicada á muller, todas a cintas estan dirixidas e/ou protagonizadas por mulleres.

Luns 4 setembro. 21:00 h. Teatro Principal

“3000 Noites”. Longametraxe de ficción. Mai Masri / 2015 / Francia, Siria / 103”

Unha historia de maternidade na máis extrema das circunstancias, 3000 noites converte a prisión nunha metáfora da Palestina ocupada, explorando como se cruzan a resistencia, a empatía e a manipulación emocional.

Martes 5 setembro. 21:00 h. Teatro Principal

“After Spring”. Longametraxe documental. Ellen Martínez e Steph Ching / 2016 / EEUU / 102”

Co conflito sirio agora no seu sétimo ano, millóns de persoas seguen desprazadas. Despois da Primavera é a historia do que sucede a continuación, o que é vivir en Zaatari, o maior campamento de refuxiados sirios.

Mércores 6 setembro. 21 h. Teatro Principal

“10 anos e divorciada”. Longametraxe de ficción. Khadija Al-Salami / 2014 / Francia, Iemen, EAU / 99”

Unha nena entra nunha sala de xustiza, mira ao xuíz aos ollos e dille: «Quero divorciarme». En Iemen, onde non hai ningún requisito de idade para o matrimonio, Nojoom é obrigada aos 10 anos a casar cun home 20 anos maior que ela.

Xoves 7 setembro. 21:00 h. Teatro Principal

“Ave María”. Curtametraxe de Ficción. Basil Khalil / 2015/ Palestina / 14”

As monxas do convento das Irmás da Misericordia no medio do deserto de Cisxordania ven a súa rutina diaria de silencio e oración interrompida cando unha familia de colonos israelís estampan o seu coche na parede do convento.

Xoves 7 setembro. 21:15 h. Teatro Principal

“Nearby Sky”. Longametraxe documental. Nujoom Alghanem / 2014 / Emiratos Árabes Unidos / 85”

Fátima Alhameli foi a primeira muller propietaria de camelos dos Emiratos. Unha muller forte cunha firme decisión: representar ás mulleres dos EAU neste mundo de homes e demostrar ao mundo que non hai diferenzas entre homes e mulleres.

Venres 8 setembro. 21:00 h. Teatro Principal

“Barakah Meets Barakah”. Longametraxe de ficción. Mahmoud Sabbagh / 2016 / Arabia Saudita / 88”

Nun tempo no que as tradicións van da man dos teléfonos intelixentes e as redes sociais, Barakah, un divertido e intachable axente municipal responsable de manter a orde da cidade, coñecerá unha guapa e ultra famosa vídeo blogger. Ocorre o impensable: namóranse e tratan de ter unha cita a toda costa.

Sábado 9 setembro. 21:00 h. Teatro Principal

“As aventuras do Principé Achmed”. Longametraxe de ficción. Lotte Reiniger / Alemaña / 1926 / 65”

Conto animado alemán de 1926 de Lotte Reiniger é a película de animación máis antiga da historia. Conta unha emocionante historia das Mil e Unha Noites, chea de maxia, monstros e perigos, incorpora o conto de Aladdin e o seu amor pola irmá de Achmed, Dinarzade.

 

Comparte en ...Share on Facebook3Tweet about this on TwitterShare on Google+0Pin on Pinterest0Share on LinkedIn0Email this to someone